Estás en ... Inicio » Actuamos » Plans e programas » Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia » Excepcións á obriga de inscrición no rexistro

REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

Excepcións á obriga de inscrición no rexistro

A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

As vivendas autopromovidas para uso propio, incluíndo as promovidas por comunidades de propietarios, cooperativas de vivenda ou asociacións legalmente constituídas.

As vivendas adquiridas nos supostos de permuta de solo por vivenda, sempre que as persoas beneficarias cumpran cos requisitos esixidos para o acceso á vivenda protexida.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

O Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de axudas que facilitan o aluguer, a promoción de vivenda protexida ou a rehabilitación.