REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

¿Como podo inscribirme?

O funcionamento do Rexistro está baseado en acadar a máxima transparencia e a neutralidade no proceso de adxudicación de vivendas protexidas.

As solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda presentaranse debidamente cubertas no modelo oficial nos rexistros do IGVS da comunidade autónoma de Galicia e por calquera medio establecido no artigo  38.4º da lei 30/1992.

 

VIXENCIA DA INSCRICIÓN 

  • Os/as solicitantes deberán comunicar ao rexistro calquera modificación dos datos achegando en tempo e forma a documentación que resulte preceptiva.        
  • A inscrición no rexistro terá una vixencia de tres anos dende a resolución administrativa de inscrición, nos tres meses anteriores do vencemento deberá solicitarse a renovación da mesma, de non facelo, esta caducará.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

Directorio do IGVS

Localiza calquera teléfono ou enderezo dos distintos departamentos e dos profesionais do Instituto Galego de Vivenda e Solo a través do directorio corporativo.