O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), ademais da execución das políticas autonómicas
en materia de vivenda, é o organismo encargado da xestión do plan de vivenda e
rehabilitación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Un pilar importante do plan de vivenda é o incentivo á promoción das vivendas protexidas,
mediante o financiamento das actuacións que consiste en préstamos convidos e subsidiación da cuota
do mesmo así como subvencións, en función da tipoloxía da promoción. Tamén poderán promover a
construción de aloxamentos protexidos destinados a ser arrendados a persoas pertencentes a
colectivos específicos ou especialmente vulnerables, segundo se especifica na normativa estatal e
autonómica reguladora do plan de Vivenda e Rehabilitación e da súa xestión e das axudas autonómicas
complementarias ás estatais.
Pode ser promotorde vivendas de protección autonómica quen impulse, programe e financie as obras de
edificación para uso propio ou para a súa posterior venda ou arrendamento a persoas inscritas como
demandantes de vivenda protexida.
A promoción debe cualificarse como protegida polo IGVS para ter acceso ao financiamento do
Plan de Vivenda e Rehabilitación e cumprir as obrigas derivadas do seu réxime de protección,
conforme a súa cualificación, así como os demais requisitos e limitacións inherentes á súa
condición de vivendas protexidas, de conformidade co establecido na Lei de Vivenda de Galicia e nas
demais disposicións de aplicación a este tipo de vivendas.