O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), como órgano da administración galega encargado
da execución das políticas de vivenda na nosa comunidade, favorecendo o acceso dos cidadáns a
unha vivenda digna e adecuada, realiza unha serie de actuacións tendentes a posibilitar o exercicio
deste dereito constitucional, mediante a regulación dos requisitos de acceso ás vivendas
protexidas, a xestión do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, a cualificación das
vivendas protexidas e doutras actuacións protexidas en materia de vivenda, o recoñecemento da
posibilidade de acollerse ao financiamento estatal previsto no plan de vivenda e rehabilitación, e
a concesión e pago das axudas previstas na normativa autonómica para o acceso á vivenda
protexida.
Poderán adquirir vivendas protexidas ou as denominadas vivendas usadas aquelas persoas
inscritas no Rexistro Único de demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia a través do
procedemento e cos requisitos establecidos para cada tipoloxía de vivenda.
Estes adquirentes poderán obter o financiamento consistente nun préstamo e subsidiación da cuota do mesmo así como as subvencións previstas no decreto autonómico polo que se establecen as axudas públicas en materia de
vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no
Plan de Vivenda e Rehabilitación
.