REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

Baixa no rexistro

A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Son causa de baixa no rexistro, entre outras, as seguintes :

  • Non acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para acceder á vivenda no momento en que se teña que formalizar a adxudicación.
  • Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
  • Ter renunciado á vivenda solicitada, salvo que a renuncia se debese a:
    • Modificación sobrevida das circunstancias persoais que provoquen unha imposibilidade real de acceder á vivenda ou a inadecuación da vivenda ás novas circunstancias da unidade familiar ou de convivencia.
    • Cando quede debidamente acreditada a imposibilidade de conseguir o financiamento das entidades de crédito para o pagamento da vivenda.
    • A superficie insuficiente da vivenda ou resultase inadecuada por causa de mobilidade segundo o artigo 47 da Lei 18/2008.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

O Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de axudas que facilitan o aluguer, a promoción de vivenda protexida ou a rehabilitación.