Estás en ... Inicio » Actuamos » Plans e programas » Programa Aluga » Funcionamento xeral do Programa

Funcionamento xeral do Programa

Este novo Programa Aluga dirixido ao alugueiro de vivendas, busca a harmonización co resto de programas de vivenda e configurase como unha medida de marcado carácter social, cunha dobre finalidade:

  • Favorecer o mercado de aluguer de vivendas en Galicia, promovendo a incorporación ao mesmo de vivendas desocupadas de titularidade privada.
  • Facilitar o acceso a unha vivenda aos sectores de poboación con niveis de ingresos comprendidos entre 0,7 e 3,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), así como a determinados colectivos con ingresos inferiores a 0,7 veces o IPREM, en particular, ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto establece unha serie de medidas que axudan, tanto ao propietario coma ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades respectivas.

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

O Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de axudas que facilitan o aluguer, a promoción de vivenda protexida ou a rehabilitación.