Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Programa de axuda ao alugamento de vivendas » Axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual

Alugamento COVID-19

Axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual (VI432E)

Este programa está previsto no Plan estatal de vivenda 2018-2021, regulado no Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo e ten por obxecto conceder axudas ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID–19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro.
Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, na data de presentación da solicitude, cumpran os seguintes requisitos:

-Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situada en Galicia cunha duración mínima dun ano.
-Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa solicitante e da súa unidade de familiar.
-Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro dos tres últimos meses inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda.
-Estar en situación de vulnerabilidade económica.
-Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non sexan propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España.
-Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non teñan parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.


Situación de vulnerabilidade económica

A situación de vulnerabilidade económica exixe a concorrencia conxunta dos seguintes requisitos:

-Que a persoa arrendataria pase a estar, a partir do 14 de marzo de 2020, en situación legal de desemprego, expediente temporal de regulación de emprego, ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, ou cesado a súa actividade en caso de traballador por conta propia, ou outras circunstancias similares vinculadas á actividade laboral ou empresarial, que lle supoñan unha perda substancial de ingresos.
-Que os ingresos netos de todos os membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude, non acaden o límite de 3, 4 ou 5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), segundo o seguinte cadro:

  

Ingresos máximos aplicable
(*)
Circunstancias
3 veces o IPREM (1.613,52 €)
Límite aplicable con carácter xeral
4 veces o IPREM
(2.151,36 €)
Límite aplicable cando un membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:
 
-Teña declarada discapacidade superior ao 33%..
-Estea en situación de dependencia.
-Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral
5 veces o IPREM
(2.689,20 €)
Límite aplicable cando a persoa arrendataria cumpra unha destas condicións:
 
-Parálise cerebral.
-Enfermidade mental.
-Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.
-Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65 %.
-Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral.

 

(*) O límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o IPREM por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o IPREM por fillo no caso de familias monoparentais.

-Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas do mes anterior á solicitude da axuda, resulte superior ou igual ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

Contía das axudas

A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poda exceder do importe da renda do contrato, durante un período máximo de seis meses.
No suposto de ter accedido ás axudas transitorias de financiamento reguladas no artigo 9 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, a axuda poderá chegar ata un importe de 3.000 euros, co que se satisfará total ou parcialmente o pago da renda da vivenda habitual.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.