|
Programas de Bono de Alugueiro Social e de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias
BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL
A
Xunta de Galicia ten en marcha un conxunto de 12 medidas encamiñadas a garantir o dereito de todos
os cidadás a unha vivenda, evitar os desafiuzamentos e paliar as súas consecuencia. Son doce
medidas ás que poden acollerse as familias que afronten dificultades para acceder a unha
vivenda ou para conservar a súa. Entre elas o Bono de Alugueiro Social.
As
subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente
ás seguintes unidades de convivencia:
-
Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar
inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora
interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
-
As
das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha
vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados
na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
-
Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da
súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos
nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións,
etc.
-
Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de
maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na
súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta
axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención
do programa do Bono Alugueiro Social.
-
Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do
Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) lles finalizase a vixencia do seu contrato a
partir da entrada en vigor desta orde.
-
Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo
de ingresos establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación
do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
-
Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de
Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración
subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de
arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de
subvención do Programa do bono alugamento social.
-
Mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e
saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de
alugamento.
-
Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos
xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a
entidades financeiras.
A
axuda ten carácter anual, de xeito que cada unidade de convivencia só poderá percibir unha
subvención de 12 bonos mensuais consecutivos, que será susceptible de dúas prórrogas ordinarias
sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de tres anos. Finalizado este
período, poderase solicitar unha prórroga extraordinaria, cunha duración máxima de tres anos, que
deberá ser renovada anualmente.
O
importe mensual da axuda pode ser de 175€, 200€ ou 225€ mensuais, dependendo do concello no
que estea situada a vivenda:
-
225 € nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo
-
200 € nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez,
Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda,
Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz,
Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O
Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu,
Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas,
Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
-
175 € no resto de concellos de Galicia
Ademais, poderáselle conceder á persoa beneficiaria unha axuda complementaria,
ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de
atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións,ben para o
caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos
de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito
procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.
LÍMITE DE INGRESOS
Os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán superar os límites
máximos de ingresos que de seguido se indican:
Nº membros da unidade de convivencia
|
Límites máximos de ingresos
(1,5 veces IPREM 2019 en 14 pagas ponderado. Valores mensuais)
|
1
|
751,96 €
|
2
|
1.044,39 €
|
3
|
1.174,94 €
|
4
|
1.342,78 €
|
5 ou máis
|
1.566,58 €
|
RENDA DAS VIVENDAS
A renda mensual máxima do contrato de alugamento das persoas beneficiarias do
Bono de alugueiro social non pode superar os seguintes importes:
a)
450 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de
Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
b)
400 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes
de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide,
Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.
Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa,
O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa
de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O
Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova
de Arousa.
c)
350 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.
PAGAMENTO
O IGVS realizará o pagamento da axuda mensual na conta bancaria da persoa
arrendadora, logo de que a persoa inquilina xustifique que realizou o pago da parte da renda
mensual que lle corresponde satisfacer (as persoas inquilinas comunicarán ao IGVS o pago do
alugueiro achegando un extracto ou comprobante bancario acreditativo do pagamento
realizado).
SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes : dende o
4 de febreiro de 2020 ata o 11 de decembro de 2020, salvo que se esgote antes a
partida orzamentaria.
|
|
|
VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA
As
Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas promovidas polo Instituto
Galego da Vivenda e Solo que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través
dunha Xunta Cualificadora.
REXISTRO DE DEMANDANTES
O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o
Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que
se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar
irregularidades na compravenda de vivenda protexida. É
CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se
axuste á túa solicitude;
EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e
TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.
|