Inicio

Xunta de Galicia

REHABILITACIÓN

PROGRAMA REHALUGA

O Programa Rehaluga establece subvencións para a rehabilitación ou mellora de vivendas para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras, no ámbito do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020 e convocar estas subvencións para a anualidade 2019.

BENEFICIARIAS

Poden beneficiarse destas axudas as persoas, físicas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e realicen as actuacións necesarias para a súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES


Obras de conservación e mantemento

Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente

Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.

Nas actuacións de reparación, rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintería exterior ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de Cor e Materiais elaborada pola Xunta de Galicia

CONTÍA

As actuacións subvencionaranse polo gasto xustificado, sen que o importe desta axuda poida superar a cantidade de 8.000 euros en ningún caso.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.