As actuacións que a Consellería ten posto en marcha para a dinamización do mercado do aluguer,
tanto para demandantes coma para propietarios, están orientados, por un lado, co aproveitamento das
promocións, tanto as de rehabilitación coma as de promoción pública, para o aluguer.
E, por outro lado, coa posta en marcha de mecanismos e axudas directas que faciliten aos
posibles demandantes a busca dunha vivenda que reúna as condicións necesarias de habitabilidade a
prezos razonables e garantir aos propietarios das vivendas o cobro da renda, así coma a devolución
da vivenda nas mesmas condicións nas que foi entregada.
Por este motivo desenvólvese o
Programa de Vivenda en Aluguer. Porén tamén están en marcha a c
onvocatoria de axudas directas, ben ao abeiro do Plan de Vivenda coma orientada a
colectivos específicos, coma estudantes da FP.