Estás en ... Inicio » Axudamoste » Mercar unha vivenda » Axudas á compra de vivenda protexida » Compra de vivenda usada

Compra de vivenda usada

Plan vivenda 2009-2012.

PROCEDEMENTO

1º paso: As vivendas usadas

2º paso: Inscrición no Rexistro de Demandantes

3º paso: Requisitos para obter as axudas

4º paso : Tipos de axudas que pode obter

 

►1º paso: AS VIVENDAS USADAS

 

Pode obter axudas para a compra destas vivendas:

  • Vivendas libres adquiridas en 2ª ou posterior transmisión.
  • Vivendas protexidas adquiridas en 2ª ou posterior transmisión.
  • Vivendas libres de prezo limitado adquiridas cando transcorrera 1 ano como mínimo entre a expedición do certificado final de obra e a data do contrato, sempre e cando dispoña de licencia de primeira ocupación.
  • Vivendas protexidas destinadas anteriormente ao alugueiro.
  • Vivendas rurais usadas.

Nunha ficha aparte poderá comprobar os prezos máximos de adquisición destas vivendas

 

Ir ao índice

 

►2º paso: INSCRICIÓN NO REXISTRO DE DEMANDANTES

Os adquirintes de vivendas usadas terán que estar previamente inscritos no Rexistro de demandantes. O vendedor deberá comunicar ao Rexistro os datos do adquirinte para os únicos efectos da comprobación pola Administración da súa inscrición nel. (artigo 19 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, DOGA 21.01.2010)
Así mesmo, deberá solicitar as axudas mediante o modelo de solicitude normalizado e xuntar os documentos que nel se indiquen. Poderá conseguir o impreso na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante IGVS) www.igvs.es ou nas oficinas de información do IGVS.
Pode presentar a súa solicitude nas Oficinas de Rexistro do IGVS ou tamén en:
  • Os rexistros de calquera órgano administrativo, da Administración Xeral do Estado, de calquera Administración da Comunidade Autónoma ou a dalgunha das entidades que integran a Administración Local se neste último caso se subscribira o oportuno convenio.
  • As oficinas de Correos.
  • As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

Ir ao índice

►3º paso: REQUISITOS PARA OBTER AS AXUDAS

  • Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
  • Non ter obtido axudas financeiras nin préstamo convido para o mesmo tipo de actuación durante os 10 anos anteriores á solicitude actual. Excepcionaranse deste suposto as persoas separadas ou divorciadas ás que non se lles adxudicara a vivenda familiar, as mulleres vítimas de violencia de xénero, as vítimas do terrorismo, as persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
  • Que os ingresos familiares non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. (Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicativos correctores establecidos neste decreto).
  • Para obter o préstamo convido os ingresos familiares non excederan de 6,5 veces o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM).
  • Para obter a  Subsidiación do préstamo e axudas da Comunidade Autónoma hai que cumprir cos seguintes requisitos:
    • Ter formalizado o préstamo convido.
    • Ter uns ingresos familiares que non excedan de 4,5 veces  o IPREM.
    • Non ter tido nunca  vivenda en propiedade, salvo que fora privado do seu uso por causas non imputables aos interesados  ou cando o valor da vivenda ou do dereito sobre a mesma,  determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais, non exceda do 25% do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Son excepcións a este suposto os seguintes casos:

 

  1. As mulleres vítimas de violencia de xénero.
  2. As vítimas do terrorismo.
  3. As persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan o seu cargo.

 

 

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :

Para o cálculo dos ingresos súmanse as casiñas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.

Nunha ficha aparte poderá comprobar os límites de ingresos.

Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.

 

Ir ao índice

 

►4º paso: TIPOS DE AXUDAS QUE PODE OBTER

So poderá obter financiamento para 90 metros cadrados de vivenda, e para 8 metros cadrados de rocho e 25 metros cadrados de garaxe ou anexo.

Para obter estas axudas hai que cubrir o modelo de solicitude, que aparece na páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (en adiante IGVS) www.igvs.es e que tamén poderá atopar nas oficinas de información do IGVS. Ademais deberá achegar a  documentación que nel se require e ter en conta que debe:

  • Solicitar o visado do contrato de compravenda, ante a Xefatura Territorial de Vivenda e Solo, antes do transcurso de 4 meses desde a firma do contrato.
  • Que entre o visado do contrato e a solicitude do préstamo convido á  entidade de crédito non transcorran máis de 6 meses.

 

TIPOS DE AXUDAS

ESTATAIS

COMUNIDADE AUTÓNOMA

1º PRESTAMO CONVIDO

SUBVENCIÓNS

2º SUBSIDIACIÓNS

 

 

 

1) O préstamo convido

Pode solicitar directamente o préstamo a calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda.

A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do prezo da vivenda fixado na escritura pública de compravenda máis o 80% do prezo do rocho e garaxe se o tivera co límite da superficie útil computable aos efectos de financiamento (25 metros cadrados para o garaxe e 8 metros cadrados para o rocho)

O tipo de xuro será fixo ou variable, a elección do adquirente.

O préstamo non terán comisión ningunha.

Estará garantido con hipoteca.

Prazo de amortización do préstamo: 25 anos como mínimo pero poderá ser obxecto de amortización anticipada .

2) A subsidiación do préstamo convido:

¿Qué é a subsidiación?

Consiste nun desconto da cota mensual do préstamo convido, que se concederá por un período inicial de 5 anos. Poderá ser renovado durante outros dous períodos de igual duración.

¿Quen pode obter a subsidiación?

Os adquirentes de vivendas usadas, descritas ao principio deste folleto, que obtiveran o préstamo convido.

No cadro seguinte podemos ver as contías da subsidiación por cada fracción do préstamo de 10.000 euros:

 

Ingresos dos adquirentes

(Número de veces o IPREM)

Subsidiación xeral

(Euros por cada  10.000€ de préstamo)

Subsidiación se está nalgún  destes supostos (euros por cada 10.000€ de préstamo):

  • Familias numerosas.
  • Familias monoparentais con fillos.
  • Persoas dependentes, con     discapacidade   recoñecida e familias que   os teñan ao cargo.

Menor ou igual a 2,5

155

155

Entre 2,5  e 3,5

80

113

Entre 3,5 e 4,5

60

93

 

 

Ir ao índice

 

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA :

Pode solicitar as axudas da Comunidade autónoma cando estea aberta a convocatoria anual, mediante o modelo de solicitude que apareza na páxina web e que tamén pode obter nas oficinas de información do IGVS e achegando a documentación que se indica.

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

  • Unidades familiares con ingresos que non excedan de 2,5 veces IPREM.
  • Con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM:
    • Persoas que acceden por 1ª vez a unha vivenda.
    • Xóvenes menores de 35 anos.
    • Persoas maiores de 65 anos.
    • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • Vítimas do terrorismo.
    • Afectados por situacións catastróficas.
    • Familias numerosas de menos de 5 fillos.
    • Familias monoparentais con fillos.
    • Persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
    • Persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias e compensatorias.
  • Familias numerosas de 5 ou máis fillos
  • Persoas con ingresos que non excedan de 1,5 veces IPREM nos casos seguintes:
  • Persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
  • Emigrantes retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade.

2.000€

4.000€

Axuda do 25% do prezo da vivenda co límite de 17.000€

Se acredita pertencer a máis dun destes colectivos a subvención será de 2000€ por cada circunstancia.

Subvencións non acumulables

Subvencións acumulables entre si e ás do Estado

 

 

É moi importante que teña en conta o seguinte:

  • Destino da  vivenda: Deberá dedicarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.
  • Limitacións das vivendas:
  1.  Non poderá transmitir a propiedade da vivenda ata que transcorran polo menos 10 anos desde que a mercara.
  2. Transcorridos 10 anos desde a adquisición, a transmisión da vivenda provocará que o préstamo perda a condición de convido e que a entidade de crédito poda resolvelo
  3. Se pasado o tempo quere vender a vivenda ten que saber que o prezo máximo de venda está limitado mentres dure o préstamo convido e, en todo caso, durante os 15 primeiros anos desde a data da adquisición.
Documentos relacionados

Documentos relacionados

OBTER MÁIS INFORMACIÓN...

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.