Estás en ... Inicio » Axudamoste » Mercar unha vivenda » Axudas á compra de vivenda protexida » Compra de vivenda protexida

Información sobre compra de vivenda protexida

Plan de Vivenda 2009-2012

PROCEDEMENTO

1º paso: Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida

2º paso: Sorteo e adxudicación das vivendas

3º paso: Acreditación de que cumpre os requisitos para acceder a vivenda que solicita.

4º paso: Adxudicación definitiva e sinatura do contrato.

5º paso: Solicitar as axudas

 

1º paso. A INSCRICIÓN NO REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

¿Quen debe inscribirse no Rexistro?

Deben inscribirse no Rexistro as persoas ou unidades familiares ou convivenciais que desexen comprar unha vivenda de protección autonómica .

¿Cales son as excepcións a obriga de inscrición?:

  • As persoas que individualmente promovan a construción de vivendas de protección autonómica para uso propio, que non estean agrupados en cooperativas ou comunidades de propietarios.
  • As persoas que permutan solo por vivenda.
  • As cooperativas ou comunidades de propietarios que promovan vivendas de protección autonómica, salvo que teñan vivendas vacantes.
  • As organizacións sindicais e asociacións cando sexan promotores de vivendas, salvo que teñan vivendas vacantes.
  • Os demandantes de aloxamentos protexidos destinados a albergar persoas relacionadas coa comunidade universitaria ou investigadores científicos.
  • Os que accedan a unha vivenda protexida como consecuencia de realoxos

¿Que debe facer a persoa interesada?

Debe cubrir o modelo de solicitude normalizado e xuntar os documentos que nel se indiquen. Poderá conseguir o impreso na web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (en adiante IGVS) www.igvs.es ou nas oficinas de información do IGVS.

Presentación da solicitude.

Pode presentar nas Oficinas do Rexistro do IGVS o modelo de solicitude debidamente cuberto (para o que pode solicitar axuda do persoal de atención ao público).

Tamén pode enviar a solicitude a través de:

  • Os rexistros de calquera órgano administrativo, da Administración Xeral do Estado, de calquera Administración da Comunidade Autónoma ou a dalgunha das entidades que integran a Administración Local se neste último caso se subscribira o oportuno convenio.
  • As oficinas de Correos.
  • As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

NOTA IMPORTANTE: Lembre que a vixencia da inscrición é de tres (3) anos dende a resolución administrativa de inscrición, e vostede deberá comunicar ao Rexistro calquera cambio das circunstancias persoais que se indican na solicitude (aumento ou cambio dos membros da unidade familiar, cambio nas circunstancias económicas, etc.)

Tipos de vivendas que pode solicitar:

  • Vivendas de protección autonómica de réxime especial (ingresos máximos 2,5 veces o IPREM)
  • Vivendas de protección autonómica de réxime xeral (ingresos máximos 4,5 veces o IPREM)
  • Vivendas de protección autonómica de réxime concertado (ingresos máximos 6,5 veces o IPREM)

Ir ao comezo

2º paso. SORTEO E ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS (arts. 32 e ss. do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, DOGA 21.01.2010)

Antes da cualificación definitiva  como vivendas protexidas deberá iniciarse o proceso de adxudicación de todas as vivendas da promoción.
A apertura do procedemento de selección de adxudicatarios declararase mediante resolución do xefe territorial da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI). Dita apertura será debidamente publicada co obxecto de que todas as persoas inscritas no Rexistro e que estean interesadas na adquisición ou alugamento dunha das vivendas do edificio poidan solicitar a súa inclusión no sorteo dentro do prazo máximo de 15 días hábiles dende o seguinte á publicación da apertura do procedemento. Dito sorteo realizarase ante fedatario público.
Se o número de solicitantes admitidos non é superior ao número de vivendas ofertadas, as que queden vacantes, poderán adxudicarse directamente, mediante resolución do xefe territorial da CMATI entre as persoas inscritas no Rexistro que así o soliciten.

Ir ao comezo

3º paso. CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA PODER ACCEDER A ESTE TIPO DE VIVENDAS PROTEXIDAS:

1) Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
2) Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas non imputables ao interesado ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 40% do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:

  • Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao cargo.
  • Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
  • Vítimas do terrorismo e mulleres vítimas de violencia de xénero.

3) Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
4) Ingresos mínimos (0,7 IPREM). Ver cantidade equivalente en ficha aparte.
5) Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que se solicite (réxime especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral 4,5 veces IPREM, e réxime concertado 6,5 veces IPREM ou 7 veces IPREM ata o 31-12-2010).

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:

Para o cálculo dos ingresos súmanse as casiñas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.

Cadro de equivalencias IPREM / euros: ver ficha aparte

Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.

Ir ao comezo

4º paso. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA E SINATURA DO CONTRATO

Unha vez realizado o sorteo e confeccionada a lista, procederase á publicación da relación de adxudicatarios definitivos e dos que quedan en reserva co seu número de orde na páxina web do IGVS. Dita lista será enviada á empresa promotora, que debe realizar a notificación a todos os adxudicatarios.
Notificados os adxudicatarios pola promotora disporán dun prazo de 45 días naturais desde a recepción da notificación para perfeccionar o contrato, e o promotor deberá remitilo no prazo de 1 mes desde a sinatura, á Xefatura de Área Provincial do IGVS.

Ir ao comezo

5º paso.  SOLICITAR AS AXUDAS

Unha vez visado o contrato de compra-venda pode solicitar ao IGVS as axudas por adquisición de vivenda protexida.


A concesión ditaraa o IGVS e recoñecerá as axudas que procedan.

AXUDAS QUE PODE PERCIBIR

ESTATAIS

COMUNIDADE AUTÓNOMA

1. Préstamo convido

Subvencións

2. Subsidiación

 

3. Axuda Estatal Directa á Entrada (AEDE)

 

 

Hai que ter en conta que:

  • Só poderá obter financiamento para 90 m2  de vivenda, para 8 m2 de rocho e 25 m2 de garaxe ou anexo.
  • Non puido obter axudas financeiras nin préstamo convido para o mesmo tipo de actuación durante os dez anos anteriores á solicitude (son excepcións a este suposto as persoas separadas ou divorciadas ás que non se lles adxudicara a vivenda familiar, as mulleres vítimas de violencia de xénero, as vítimas do terrorismo, as persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo).
  • Para acollerse as axudas da subsidiación, da Axuda Estatal Directa á Entrada (AEDE) e da Comunidade Autónoma:
    • As vivendas estarán cualificadas como de réxime especial ou xeral. Excepcionalmente, as vivendas de réxime concertado poden ter a axuda da AEDE se a adquiren ata o 31-12-2010.
    • Hai que ter formalizado o préstamo convido
    • Non pode ter sido propietario/a dunha vivenda salvo que fora privado do seu uso por causas que non lle fosen imputables, ou cando o valor da vivenda de acordo co Imposto de Transmisións Patrimoniais exceda do 25% do prezo da vivenda que pretende adquirir. Son excepcións a este suposto os seguintes casos:
    • As mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • As vítimas do terrorismo.
    • Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.

Lembre que:

Para obter estas axudas hai que cubrir o modelo de solicitude, que aparece na páxina web do IGVS e achegar a documentación que nel se require. Tamén pode obter o modelo de solicitude nas oficinas de información do IGVS

1) O préstamo convido

Pode surrogarse no préstamo convido que tiña o promotor ou solicitar directamente o préstamo a calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda.
A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do prezo da vivenda fixado na escritura pública de compravenda máis o 80% do prezo do rocho e garaxe se o tivera co límite da superficie útil computable aos efectos de financiamento (25 metros cadrados para o garaxe e 8 metros cadrados para o rocho).
O tipo de xuro será fixo ou variable.
O préstamo non terán comisión ningunha.
Estará garantido con hipoteca.
Prazo de amortización do préstamo: 25 anos como mínimo pero poderá ser obxecto de amortización anticipada .

2) A subsidiación do préstamo convido:

¿Qué é a subsidiación?

Consiste nun desconto da cota mensual do préstamo, que se concederá por un período inicial de 5 anos. Poderá ser renovado durante outro período de igual duración.
No cadro seguinte podemos ver as contías da subsidiación por cada fracción do préstamo de 10.000€:

INGRESOS DOS ADQUIRENTES

(Número de veces o IPREM)

SUBSIDIACIÓN XERAL

 (Euros por cada 10.000€ de préstamo)

SUBSIDIACIÓN SE ESTÁ NALGÚN DESTES SUPOSTOS
(Euros por cada 10.000 € de préstamo):

- Familias numerosas.

- Familias monoparentais con fillos.

- Persoas dependentes, con discapacidade recoñecida e familias que os teñan ao cargo.

Menor ou igual a 2,5

155

155

Entre 2,5 e 3,5

80

113

Entre 3,5 e 4,5

60

93

 

3) Axuda estatal directa á entrada (AEDE)

Esta contía farase efectiva mediante un pago único, polas entidades financeiras no momento de formalización do préstamo convido.
A obtención da AEDE requirirá que a contía do préstamo convido non sexa inferior ao 60% do prezo da vivenda e que esta contía non se reduza por debaixo de dita porcentaxe durante os 5 primeiros anos do período de amortización. No caso contrario, haberá que reintegrar as contías percibidas en concepto de subsidiación e a AEDE incrementadas cos xuros de demora.
A contía da axuda dependerá das circunstancias persoais e familiares e non serán acumulables entre sí, unicamente se percibirá a máis elevada das que corresponda.

Ingresos dos adquirintes

(Número de veces o IPREM)

Contías xerais da axuda

Xóvenes menores de 35 anos

- Familias numerosas.

- Familias monoparentais con fillos.

- Persoas dependentes, con discapacidade recoñecida e familias que os teñan ao seu cargo.

-Mulleres vítimas de violencia de xénero

-Vítimas do terrorismo

-Persoas separadas ou divorciadas ao corrente de pago de pensións alimenticias ou compensatorias

Menor ou igual a 2,5

8.000€

9.000€

12.000€

11.000€

Entre 2,5 e 3,5

7.000€

8.000€

10.000€

9.000€

Entre 3,5 e 4,5

5.000€

6.000€

8.000€

7.000€

Nos concellos comprendidos no Ámbito Territorial de Prezo Máximo Superior (ATPMS) a contía das axudas increméntase en 300€

 

Ata o 31-12-2010 poderán adquirir vivendas protexidas cualificadas de réxime concertado aqueles adquirentes con ingresos que non excedan de 7 veces o IPREM coa AEDE que aqui se establece, correspondendo unicamente a máis elevada:

Ingresos dos adquirintes

(Número de veces o IPREM)

Contías xerais

Xóvenes menores de 35 anos

Familias incluidas nas letras h), i), j) do apartado 2 do artigo 1 Colectivos incluidos nas letras e), f), k) do apartado 2 do artigo 1

Menor ou igual a 7,0

4.500€

5.400€

7.200€

6.300€

Cando a vivenda estivera ubicada nun ATPMS a contía que proceda se incrementará en 300 euros.

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA:

Pode solicitar as axudas da Comunidade Autónoma cando estea aberta a convocatoria anual, mediante o modelo de solicitude que aparece na paxina Web (www.igvs.es) do IGVS e achegando a documentación que se indica. Tamén poderá atopar o modelo de solicitude nas oficinas de información do IGVS.

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

  • Unidades familiares con ingresos que non excedan de 2,5 veces IPREM.
  • Con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM:
    • Persoas que acceden por 1ª vez a unha vivenda.
    • Xóvenes menores de 35 anos.
    • Persoas maiores de 65 anos.
    • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • Vítimas do terrorismo.
    • Afectados por situacións catastróficas.
    • Familias numerosas de menos de 5 fillos.
    • Familias monoparentais con fillos.
    • Persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
    • Persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias e compensatorias.
  • Familias numerosas de 5 ou máis fillos
  • Persoas con ingresos que non excedan de 1,5 veces IPREM nos casos seguintes:
    • Persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
    • Emigrantes retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade.

2.000€

4.000€

Axuda do 25% do prezo da vivenda co límite de 17.000€

Se acredita pertencer a máis dun destes colectivos a subvención será de 2000€ por cada circunstancia.

Subvencións non acumulables

Subvencións acumulables entre si e ás do Estado

 

RÉXIME LEGAL DAS VIVENDAS

Destino. A vivenda deberá destinarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.

Duración. O réxime de  protección das vivendas estenderase como mínimo por 30 anos.

Transmisión da propiedade :

a) Non poderá transmitir a propiedade da vivenda ata que transcorran polo menos 10 anos desde que a mercara.
b) Transcorridos 10 anos desde a adquisición , a transmisión da vivenda provocará que o préstamo perda a condición de convido e que a entidade de crédito poida resolvelo.
c) As vivendas estarán sometidas ós dereitos de adquisición preferente, tanteo e retracto da administración.

Teléfonos de axuda e direccións de interese :

Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.es

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

A CORUÑA

Área Provincial do IGVS.

Praza de Luis Seoane, s/n

15008 A Coruña.

Teléfono de Información: 981 184 800

 

LUGO

Área Provincial do IGVS.

Avda. Ramón Ferreiro, 28

27002 Lugo.

Teléfono de Información : 982 294 602

 

PONTEVEDRA

Área Provincial do IGVS.

Rúa Alcalde Hevia,7

36071 Pontevedra.

Teléfono de Información: 986 805 610

 

OURENSE

Área Provincial do IGVS.

Rúa Sáenz Díez, 1

32003 Ourense

Teléfono de Información :988 386 271

 

SERVIZOS CENTRAIS

Area Central, s/n Polígono de Fontiñas

15781 Santiago de Compostela

981 541 982

 

OBTER MÁIS INFORMACIÓN...

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto establece unha serie de medidas que axudan, tanto ao propietario coma ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades respectivas.