Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Todas as axudas

Axuda

Axudas Programa Aluga

Tipo: Aluguer

Descrición:

O Programa Aluga dirixido ao aluguer, busca a harmonización e complementariedade co resto dos programas en materia de vivenda, e substitúe ao Programa de vivenda en aluguer (PVA). Se configura como unha medida de marcado carácter social, coa dobre finalidade de:
  • Favorecer o mercado de aluguer de vivendas en Galicia , promovendo a incorporación de vivendas desocupadas de titularidade privada para o seu posterior arrendamento no marco do Programa Aluga.
  • Facilitar o acceso a unha vivenda ás unidades familiares ou de convivencia con niveis de ingresos comprendidos entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM , así como a determinados colectivos con ingresos inferiores a 0,7 veces o IPREM (mulleres vítimas de violencia de xénero; persoas dependentes ou con discapacidade e os familiares que os teñan ao seu cargo; emigrantes retornados; perceptores do RISGA; e, pensionistas).
A xestión do Programa Aluga realizase polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS ), neste coa finalidade de ofertar unha asistencia integral aos propietarios e inquilinos incorporados ao programa están en funcionamento unidades funcionais denominadas Centros de acompañamento e asesoramento do Programa Aluga, nas cidades de: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Caracter gratuíto dos servicios: Se suprimen os gastos de xestión previstos no anterior programa, que obrigaba aos propietarios a pagar por este concepto entre o 2% e o 4% da renda anual. Por outra parte, mantense por conta do IGVS o seguro mutirrisco do fogar e por desocupacións, a asistencia xurídica maila inspección técnica, e serán por conta dos titulares das vivendas o seguro por falta de pagamento das rendas.  
Funcionamento e características do Programa Aluga :
  • Os propietarios poñen a disposición do IGVS ás súas vivendas para o seu posterior arrendamento no marco do Programa Aluga, por un prezo non superior á renda taxada polo IGVS (segundo os criterios e límites establecidos nos artigos 10 e 11 do Decreto 84/2010), por un período mínimo de cinco anos, a contar desde a formalización do primeiro contrato de arrendamento no marco do programa, prorrogables.
  • O IGVS selecciona aos inquilinos entre os demandantes inscritos na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun sistema de selección aleatorio e automático e de acordo cos criterios de prioridade e preferencia fixados no Decreto 84/2010.
  • O contrato de arrendamento se formaliza entre o arrendador e o arrendatario , nun modelo tipo elaborado polo IGVS, en presenza do persoal do correspondente Centro de acompañamento e asesoramento do Programa Aluga. A duración do contrato de arrendamento será dun ano con prórrogas obrigatorias ata acadar unha duración de cinco anos, de conformidade co disposto na Lei de Arrendamentos Urbanos. As condicións básicas do contrato de arrendamento figuran no artigo 34 do Decreto 84/2010.
  • O inquilino poderá beneficiarse dunha subvención para o financiamento parcial da renda do aluguer , nunha porcentaxe que vai desde o 30% ata o 70%, segundo tramos de ingresos, incrementada en 10 puntos porcentuais cando se trate de mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • O IGVS administra e xestiona o pagamento e cobramento da renda : O inquilino ingresa a renda dentro dos dez primeiros días de cada mes nunha conta do IGVS (se non paga en dito prazo perde a subvención da mensualidade e deberá aboar o importe integro da renda), logo da tramitación das correspondentes subvencións para o financiamento parcial da renda, o IGVS procederá ao pagamento integro da renda ao titular da vivenda dentro da última quincena de cada mes, mediante transferencia bancaria.
  • En caso de impago da renda polo inquilino, a renda queda garantida durante un período de ata 12 mensualidades, mediante a subscrición pola arrendadora dun seguro de falta de pagamento de rendas coa entidade previamente seleccionada polo IGVS. A prima deste seguro será de conta da arrendadora, o seu importe descontarase do prezo da renda na mesma ou na mensualidade anterior ao seu pagamento.
  • Nos períodos de desocupación da vivenda por resolución do contrato de arrendamento, a percepción da renda queda garantida por un período de ata 4 mensualidades, a través do correspondente seguro de desocupacións contratado polo IGVS. A prima deste seguro será de conta do IGVS.
  • As vivendas contarán cun seguro multirrrisco do fogar contratado polo IGVS, para a cobertura de posibles avarías e desperfectos. A prima do seguro será de conta do IGVS.
  • O Programa aluga oferta aos arrendadores un programa de asistencia e defensa xurídica, para posibles reclamacións xudiciais relativas ao contrato de arrendamento.
  • O programa conta cun servizo de inspección técnica para a comprobación: das condicións de habitabilidade das vivendas antes da súa incorporación ao programa; de incidencias durante a relación arrendaticia; e do estado de conservación da vivenda no momento da desocupación.
  • Ademais, os titulares das vivendas -cando sexan persoas físicas-, logo da formalización do primeiro contrato de arrendamento, poderán acollerse aos seguintes tipos de axuda:
    • Subvencións de obras e actuacións de reforma nas vivendas , ata 3.000 € ou 5.000 €, segundo a antigüidade da vivenda (cando se trate de obras iniciadas ou executadas ao amparo do PVA, será aplicable a contía, ata o seu importe máximo, prevista na normativa reguladora do PVA; neste caso, tamén poderán ser beneficiarias deste tipo de axuda as persoas xurídicas).
    • Subvención de gastos derivados do aluguer , en contía equivalente ao 50% do IBI, ata un máximo de 100 € por vivenda e anualidade. Se conceden anualmente, ata un máximo de cinco anualidades.


Requerimentos:

¿Qué vivendas se poden incorporar ao Programa Aluga? ..
As vivendas de titularidade privada, xa sexan de persoas físicas ou de persoas xurídicas, desocupadas que reúnan condicións de habitabilidade e estean situadas en concellos con demanda real de alugueiro. Ademais deben cumprir unha serie de condicións e características que se describen no artigo 9 e no artigo 13 do Decreto 84/2010.
O procedemento de incorporación se inicia por solicitude dos titulares das vivendas. Por resolución do director xeral do IGVS declararase a apertura do prazo para a presentación de solicitudes, dita resolución publicarase no DOG.
Réxime transitorio : Vivendas incorporadas ou en trámite procedentes do PVA:
  • Vivendas incorporadas desocupadas ou que aínda non formalizaron o primeiro contrato de arrendamento: teñen un prazo dun mes desde a publicación do Decreto para manifestar o seu compromiso de incorporarse ao Programa Aluga, logo iniciarase o procedemento desde a fase de proposta de incorporación. O Prazo finaliza o 2 de xullo.
  • Vivendas con contrato de arrendamento vixente na data de publicación do Decreto 84/2010: quedan incorporadas automaticamente ao Programa Aluga, se ben condicionada á formalización da posta a disposición. Recibirán unha proposta de mantemento da incorporación e se lles citará para a formalización da posta a disposición.
  • Vivendas en trámite de incorporación: Reiniciarase a súa tramitación na fase procedimental na que estiveran na data de publicación do Decreto 84/2010.
¿Qué requisitos básicos deben reunir ás unidades familiares ou de convivencia para acceder ao Programa Aluga?:
  • Ter uns ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM (cando se trate de colectivos cualificados non será necesario acreditar dito límite mínimo).
  • Non ser titulares doutra vivenda.
  • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non ter débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Residir ou desenvolver a súa actividade en Galicia.
  • Non ser perceptor de axudas públicas de programas autonómicos de fomento do aluguer.
  • Estar inscritas ou anotadas na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.
Unha vez inscritas ou anotadas na Sección 4ª poderán participar nos procedementos de selección de inquilinos e adxudicación de vivendas incorporadas ao Programa Aluga.
Solicitudes de inscrición na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia: A partir do 2 de agosto de 2010 data da entrada en vigor do Decreto 84/2010, iniciarase o proceso de inscrición e anotación na Sección 4ª.

  Réxime transitorio : As unidades familiares ou de convivencia incorporadas ao programa de vivenda en aluguer na data de publicación do Decreto 84/2010, poderán manter a antigüidade na demanda que tiñan en PVA se solicitan a inscrición ou anotación na Sección 4ª no prazo dun mes a contar desde a data de publicación do citado decreto. O prazo finaliza o 2 de xullo.

Normativa:
-         Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103; do 2 de xuño).
-         Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13; do 21 de xaneiro).


 
As unidades familiares o de convivencia deberán reunir os seguintes requisitos básicos:
-         Ter uns ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM (cando se trate de colectivos cualificados non será necesario acreditar dito límite mínimo).
-         Non ser titulares doutra vivenda.
-         Estar ao día nas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non ter débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.
-         Residir ou desenvolver a súa actividade en Galicia.
-         Non ser perceptor de axudas públicas de programas autonómicos de fomento do aluguer.
-         Estar inscritas ou anotadas na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.


 
Colectivos prioritarios e cualificados:
Colectivos prioritarios: (Ingresos entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM)
-         Menores de 35 anos.
-         Maiores de 65 anos.
-         Mulleres vítimas de violencia de xénero.
-         Familias numerosas.
-         Familias monoparentais con fillos.
-         Persoas dependentes ou con discapacidade, e as familias que as teñan ao seu cargo.
-         Persoas separadas ou divorciadas, ao día no pagamento de pensións alimenticias e, de ser o caso, compensatorias.
Colectivos cualificados: (Ingresos menores a 0,7 veces o IPREM e pertenza a algún dos seguintes colectivos)
-         Mulleres vítimas de violencia de xénero.
-         Persoas dependentes ou con discapacidade, e as familias que as teñan ao seu cargo.
-         Emigrantes retornados (nos dous anos anteriores).
-         Persoas perceptoras da Risga.
-         Persoas perceptoras de pensións.
 


 
Solicitudes de inscrición na Sección 4ª:
¿Cando se poden presentar as solicitudes de inscrición ou anotación na Sección 4ª?
-          Demandantes incorporados ao PVA : No prazo dun mes desde a publicación do Decreto 84/2010 (o prazo finaliza o 2 de xullo de 2010) , de presentala en dito prazo conservarán a antigüidade da súa demanda no Programa Aluga.
-          Noutro caso : Poderán presentar a solicitude a partir do 2 de agosto, se a presentan se admitirá pero non terá efectos ata o 2 de agosto (data de entrada en vigor do Decreto 84/2010, do 27 de maio). Data de antigüidade na Sección 4ª
¿ Como teñen que presentar a solicitude de inscrición ou anotación na Sección 4º?
-          Se xa está inscrito noutra sección do Rexistro : Só teñen que presentar o anexo dos impresos de solicitude denominado: ”Formulario para a inscrición ou anotación na Sección 4ª do Rexistro” e, no seu caso, a documentación que acredite a pertenza a algún dos colectivos prioritarios ou cualificados.
-          Se non están inscritos noutra sección do Rexistro : Deberán presentar os impresos de solicitude cos seus anexos, xunto coa documentación esixida pola normativa de aplicación.
Data de antigüidade na Sección 4ª do Rexistro:
-          Regra xeral : data da solicitude de inscrición ou anotación en dita sección.
-          Solicitudes de demandantes do PVA presentadas antes do 2 de xullo:antigüidade no PVA.
-          Outras solicitudes presentadas entre o 2 de xuño e o 2 de agosto: 2 de agosto
Máis información e impresos de solicitude (onde se relaciona a documentación a presentar) en:
Outra información:
Determinación da renda taxada:
A renda se fixa tendo en conta os prezos medios do mercado da zona ou lugar onde estea situada a vivenda e non poderá superar os límites de renda máxima por ámbitos ou zonas territoriais.

No Programa Aluga os límites de renda máxima xeral se fixan segundo os ámbitos ou zonas territoriais establecidos no decreto autonómico de axudas en materia de vivenda:

  • Zona Territorial 1 de prezo máximo superior:    600 € 
  • Zona Territorial 1:                                               550 €
  • Zona Territorial 2:                                               500 €
Pola súa vez, establecese outro límite mínimo e máximo en relación coa superficie da vivenda e coa existencia ou non de anexos e garaxes, o seguinte: a renda taxada deberá encontrarse situada entre o 2% e o 8% do prezo máximo de referencia para as vivendas de protección autonómica de réxime xeral.
Renda máxima segundo nivel de ingresos :

Ademais para adecuar a renda aos ingresos e asegurar un certo grado de solvencia, tamén se establece un límite de renda en atención ao nivel de ingresos dos inquilinos. Os limites que se establecen no Programa Aluga son os seguintes:

  • Ata 1,5 veces o IPREM............................. 400 €;
  • Mais de 1,5 ata 2,5 veces o IPREM............550 €;
  • Mais de 2,5 ata 3,5 veces o IPREM............600 €.