Orde pola que se
convoca á participación con actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito dos
Camiños de Santiago 1ª fase- Programa de Áreas de Rehabilitación Integral do Plan de Vivenda e
Rehabilitación 2009 – 2012.
Introdución
:
A
área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago declarouse o 17/12/2010 e o seu
ámbito inclúe aos sete camiños que discorren polo territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. O
seu ámbito específico figura no anexo I da orde de convocatoria.
As
axudas de esta convocatoria son compatibles, se son coincidentes as actuacións e os prazos de
solicitude e execución, co procedemento establecido no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se
regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución
de edificios e vivendas nos ámbitos rural, histórico e dos camiños de Santiago.
Esta nova
convocatoria ten como bases as recollidas no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se
establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da comunidade autónoma de Galicia e se
regula a xestión das previstas no RD 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 e
ademais terase en conta lo que estableza a Lei de subvencións de Galicia (Lei 9/2007)
Procedemento
:
|
Primeiro:
|
Solicitude de
participación na convocatoria: solicitude de cualificación provisional de actuacións protexibles,
(nesta solicitude é fundamental expresar o tipo de obras e o seu prazo previsto de execución, e
para isto deberase ter en conta que a fin prevista deberá estar situada nos anos 2012 ou 2013 que
será o momento en que se pague a axuda).
Na
tramitación destas solicitudes terase en conta o orzamento que para cada ano se contempla na
convocatoria de axudas.
Coa
solicitude para obter a cualificación provisional das actuacións a realizar,
quen así o desexe, pode solicitar o recoñecemento a obter préstamo, para os efectos de xestionar un préstamo convido coas
entidades financeiras que asinaron convenio co Ministerio de Fomento.
O
préstamo concédese polo banco nas condicións do convenio asinado co Ministerio e a obtención do
préstamo ten incidencia na obtención da subvención posible.
Atenderanse todas
aquelas solicitudes que se presenten no prazo aberto, que cumpran os requisitos da convocatoria e
ata o límite orzamentario previsto para cada anualidade (2012 e 2013)
|
|
Segundo:
|
Execución das
actuacións de rehabilitación, de acordo coa cualificación provisional.
|
|
Terceiro:
|
Solicitude de
cualificación definitiva (rematadas as obras) e concesión de subvención:
O
promotor das obras, unha vez terminadas e non máis tarde do transcurso dun mes dende a súa
finalización nin máis tarde do prazo outorgado na cualificación provisional, solicitará a
cualificación definitiva das actuacións e la concesión da subvención correspondente. Neste momento
presentará tamén as facturas das obras e os correspondentes documentos bancarios do seu
pagamento.
Para o caso de que
actuase como promotor das obras unha comunidade de propietarios, as solicitudes de cualificación,
xustificación das obras e o seu pagamento, presentaranse polo representante da dita comunidade de
propietarios e a solicitude da subvención (pola súa parte correspondente) presentarase por cada
unha das persoas físicas, membros da dita comunidade, que participaron nas obras de acordo coa
cualificación provisional outorgada.
|
Os
tres trámites inclúense nunha soa convocatoria, procedéndose a cualificar provisionalmente, só
aquelas actuacións para as que se teña dispoñibilidade financeira, de tal xeito que todos os
promotores que finalicen as obras e cumpran os requisitos establecidos no procedemento obterán as
axudas.
|
PASOS A
SEGUIR
|
|
Solicitude de
cualificación provisional de actuacións protexibles.
|
¿Quen?:
Poden solicitar as
persoas físicas que promovan obras para rehabilitación, xa sexa individualmente ou a través de
comunidade de propietarios e que reúnan os requisitos establecidos en canto a titularidade, destino
da vivenda e, de selo caso, ingresos familiares.
¿Para que tipo de
obras?:
As
recollidas no artigo 45.2 do RD 2066/2008, tanto para obras dentro da vivenda como para o exterior
(edificio).
¿Prazo?:
Dende a publicación
da convocatoria ata o 1 de decembro de 2011
¿Solicitudes?:
Nos
modelos normalizados que se xuntan coa convocatoria.
Se
o promotor é unha comunidade de propietarios ademais deben entregar a relación de vivendas e
titulares que participarán na promoción.
|
|
As
actuacións que obteñan a cualificación provisional e executen as obras de acordo co establecido na
mesma poderán continuar o procedemento e obter, de reunir todos os requisitos da convocatoria, a subvención e o seu pago efectivo, en 2012 ou 2013 segundo prevexan a fin das
obras.
|
|
Solicitude do
recoñecemento a obter préstamo convido, sen subsidiación.
|
Pode pedirse coa
solicitude de cualificación provisional, segundo o modelo oficial publicado como anexo a
orde.
Os
partícipes nunha comunidade de propietarios deberán presentala individualmente.
Unha vez obtida a
resolución, tramítase nas entidades financeiras acollidas ao plan de vivenda 2009-2012.
A suma do
préstamo obtido e da subvención concedida non poderá exceder do gasto subvencionable.
|
|
Solicitude de
cualificación definitiva e concesión de subvención.
|
Debe solicitarse
unha vez finalizada a obra e non máis tarde dun mes dende a súa finalización nin do prazo outorgado
na cualificación provisional, nos modelos de solicitude anexos na convocatoria e xuntando a
documentación necesaria.
Se
o promotor foi unha comunidade de propietarios a cualificación definitiva e a xustificación das
obras e do pagamento faina o representante da comunidade e a solicitude de subvención faina cada
unha das persoas físicas, membro da comunidade de propietarios e que participaron nas obras, e que
reúna os demais requisitos da conocatoria.
|
|
REQUISITOS DOS
PROMOTORES
|
|
Ingresos
|
Cando se trate da
rehabilitación de elementos privativos dos edificios-vivendas os ingresos familiares ponderados non
poderán exceder de 6,5 veces o IPREM.
IPREM 2010:
7.455,14
|
|
Promotores e
membros da unidade familiar
|
Persoas físicas.
Poden actuar individualmente ou a través dunha comunidade de propietarios.
Deben contar con
titulo suficiente para poder actuar como promotor das obras.
Non
poden incorrer nas prohibicións establecidas no artigo 10 da lei 10/2007, de subvencións de
Galicia.
Deben estar ao
corrente coas súas obrigas tributarias e sociais.
|
|
CONDICIÓNS DOS
INMOBLES E DAS OBRAS
|
|
Situación
|
O
inmoble ten que estar no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago.
Coa
solicitude deberase xuntar un informe do concello no que se indique que a vivenda está situada no
ámbito específico.
|
|
Actuacións
protexibles.
|
Obras no edificio:
(Exterior)
Para mellora da
seguridade.
Para mellora da
estanqueidade.
Para mellora da
accesibilidade.
Para mellora da eficiencia enerxética.
Para utilización de
enerxías renovables.
Obras nas vivendas:
(Interior)
Para mellora da
habitabilidade.
Para mellora da
seguridade.
Para mellora da
accesibilidade.
Para mellora da eficiencia enerxética.
|
|
Orzamento
protexible.
|
O
importe das obras. Inclúense todos os gastos necesarios, menos gastos financeiros.
Límites:
Máximo:
Precio básico nacional por metro cadrado útil de vivenda (En 2011 = 758 euros)
Máximo
protexible 90 m
2
útiles por vivenda.
Mínimo: 1.000
euros por vivenda.
É
dicir, o máximo protexible para 2011 será 758 x 90 = 68.220 euros
|
|
Antigüidade.
|
Os
inmobles deberán ter como mínimo 10 anos.
|
|
Destino.
|
Debe destinarse a
domicilio habitual e permanente durante, polo menos, 5 anos.
|
Para cada unha das
solicitudes figuran modelos publicados na convocatoria, e tamén figuran na mesma, anexos a ditos
modelos para os efectos de facilitar a entrega de documentación e evitar, no posible, o retraso na
tramitación.
O
IGVS, poderá solicitar calquera aclaración á documentación presentada ou solicitar algún documento
que falte.
|
SUBVENCIÓNS
|
|
Beneficiarios
|
Poderán resultar
beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións de rehabilitación, no
ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da lei
9/2007, de subvencións de Galicia, os que se establecen na convocatoria e nas súas bases e que
obteñan a cualificación definitiva das obras.
Cando a
cualificación definitiva das obras sexa outorgada a unha comunidade de propietarios, poderán
resultar beneficiarias as persoas físicas, membros da comunidade, que participaron nas obras, en
función da porcentaxe de participación que figure na cualificación provisional.
Non
poderán resultar beneficiarios cando obtivesen financiamento ou axudas, para as mesmas actuacións,
nos 10 anos anteriores.
|
|
Gasto
subvencionable.
|
Considérase gasto
subvencionable o orzamento das actuacións que figure na cualificación definitiva, sempre que quede
xustificado o seu pagamento efectivo.
Para o caso de que
a cantidade efectivamente xustificada e pagada sexa inferior ao orzamento da cualificación
definitiva, considerarase gasto subvencionable o efectivamente xustificado e pagado.
|
|
Xustificación do
gasto subvencionable.
|
Corresponde ao
promotor das actuacións.
A
obtención da cualificación definitiva substitúe á documentación que regula o artigo 48º.1 do
Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, que aproba o regulamento da lei 9/2007 de subvencións de Galicia,
para a conta xustificativa.
Deberase achegar,
debidamente cuberta, a relación de facturas e os seus respectivos documentos bancarios de pagamento
así como as súas facturas e xustificantes. Todo isto de acordo co previsto no artigo 42 do Decreto
11/2009.
Non
son admisibles xustificacións de pagamento en efectivo.
|
|
Contías
|
Con
cargo a fondos finalistas do Ministerio de Fomento:
40%
do gasto subvencionable. Máximo 5.000 euros por vivenda resultante da rehabilitación.
Con
cargo a fondos propios do IGVS. (Adicionais)
40%
do gasto subvencionable. Máximo 5.000 euros por vivenda resultante da rehabilitación.
|
|
Incompatibilidade
|
As
subvencións previstas nesta convocatoria son
INCOMPATIBLES coas axudas establecidas no programa
RENOVE do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009 – 2012.
|
|
Axudas
compatibles
|
Son
compatibles coas axudas que establece o Decreto 44/2011,do 10 de marzo, polo que se regulan as
axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de
edificios e vivendas nos ámbitos rural, histórico e dos camiños de Santiago
|
|
Límites da
subvención.
|
En
ningún caso o importe das subvencións concorrentes de calquera Administración ou organismo público
poderá superar o 75% do orzamento protexido das actuacións.
|
Nota: Procedemento
das axudas do Decreto 44/2011:
Actualmente o IGVS
ten aberto un procedemento de cualificación para este ámbito, regulado a través do Decreto 44/2011
e que financia con fondos propios.
Para poder chegar a
obter as axudas que establece o Decreto 44/2011, requírese que os promotores das actuacións
procedan do seguinte xeito:
Primeiro:
solicitando e obtendo a cualificación das actuacións como protexida.
Solicitude de cualificación provisional.
Comunicación final obras e solicitude de cualificación definitiva
Segundo:
solicitando a concesión de subvención, para isto deben presentar unha nova solicitude no momento
que se publique unha convocatoria específica para os promotores que obtivesen a cualificación
definitiva das actuacións, quedando a sempre supeditada a posible obtención de axudas ás
dispoñibilidades orzamentarias previstas en cada convocatoria.