O
Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles
colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de
axudas que facilitan o
aluguer, a
promoción de vivenda protexida ou a
rehabilitación.
As
Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas promovidas polo Instituto
Galego da Vivenda e Solo que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través
dunha Xunta Cualificadora.