Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » A Dirección Xeral

O IGVS

A Dirección Xeral

  O/A director/a xeral do IGVS e o seu órgano executivo correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  • Asistir o/a presidente/a no exercicio das súas funcións.
  • Exercer, por delegación do/a presidente/a, a representación oficial do instituto.
  • Executar os acordos do Consello do Instituto.
  • Dirixir a xestión do instituto.
  • Asinar, no caso de delegación do/a presidente/a e en nome do instituto, os convenios e contratos sobre materias da súa competencia.
  • Elaborar o anteproxecto de orzamentos do insti­tuto, así como render as contas correspondentes.
  • Dispoñer os créditos e dotacións, o recoñece­mento das obrigas e a ordenación dos pagamentos do instituto, dentro dos límites que lle correspondan.
  • Dirixir a preparación dos plans e programas do instituto e presentalos ao Consello do Instituto para a súa aprobación.
  • Exercer a xefatura superior sobre o persoal do instituto.
  • Presentar a memoria anual do organismo.
  • Todas as facultades que lle delegue expresa­mente o/a presidente/a do instituto ou lle sexan encomendadas polo consello. Terá, así mesmo, como propias, todas as funcións e facultades non encomendadas pola lexislación vixente ao consello ou ao/á presidente/a do instituto.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 4/2006 de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.

NORMATIVA VIVENDA

 

20 anos traballando nunha regulamentación eficaz da vivenda e do solo galegos

Xa hai 20 anos dende que a Lei 3/1988, do 27 de agosto, creou o IGVS e lle encomendou “ a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia”.

Dende o 1 de xaneiro de 1989, data na que se resolve a súa entrada en funcionamento, ata hoxe, o IGVS, para acadar unha maior eficiencia na xestión das súas competencias, dota a súa actividade dun novo marco normativo e axusta o seu traballo á lexislación europea e estatal, principalmente na aplicación en Galicia dos Plans Estatais de Vivenda.

O compendio normativo ante o que vostede se atopa inclúe as normas, tanto as propias como as aplicables, que nestes 20 anos estanse a empregar ou se empregaron á vivenda e ó solo galegos.