Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Actuacións en Aluguer

O IGVS

A Dirección Técnica de Actuacións en Aluguer

 

 

Á Dirección Técnica de Actuacións en Aluguer correspóndenlle as seguintes funcións:

  • Propoñer e elaborar as medidas de actuación en materia de axudas ao alugamento.
  • Coordinar e xestionar as axudas previstas para as persoas arrendadoras.
  • Coordinar e xestionar as axudas previstas para as persoas arrendatarias.
  • Xestionar os convenios e contratos dependentes das axudas ao alugamento.
  • Coordinar e xestionar todas as medidas e axudas complementarias ás propias do alugamento ou aquelas que sexan destinadas a colectivos específicos.
  • Elaborar os procedementos de funcionamento dos programas de aluguer e a coordinacion, se é o caso, das oficinas de información ao aluguer.
 

A Dirección Técnica de Actuacións en Aluguer contará cos seguintes servizos, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Programa de Aluguer

Realizará as seguintes funcións:

  • Xestionar as actuacións previas para comprobar a adecuación das vivendas ofertadas para a sua inclusión no programa de aluguer.
  • Comprobar o cumplimento dos requisitos fixados para as persoas arrendatarias.
  • Xestionar os contratos de alugamento que se asinen ao amparo do programa.
  • Adoptar as medidas necesarias para garantir o bo uso das vivendas incluidas no programa e o pagamento das rendas establecidas.
  • Coordinar o funcionamento das oficinas de información do programa.
  • Propoñer as regulacións normativas relativas ao programa de aluguer.
  • En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
 

Servizo de Axudas ao Aluguer

Realizará as seguintes funcións:

  • Xestionar o pagamento das axudas do programa de aluguer.
  • Xestionar o pagamento das axudas ao alugamento destinadas a colectivos específicos.
  • Xestionar calquera outra axuda que a normativa estableza relativa ás vivendas en alugamento. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

 

PROGRAMA ALUGA

O Programa Aluga ten por obxectivo facilitar o acceso das familias a unha vivenda en réxime de arrendamento, e tamén dinamizar e ampliar o mercado incorporando ao mesmo vivendas baleiras.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.