Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Réxime Xurídico e Inspeccións

O IGVS

A Dirección Técnica de Réxime Xurídico e Inspección

 

Á Dirección Técnica de Réxime Xurídico e Inspección correspóndenlle as seguintes funcións:

  • Elaborar a proposta de regulación do rexistro público de demandantes de vivenda e encargarse da sua xestión, asi como de calquera outro rexistro que se cree vinculado coa materia de vivenda e solo.
  • Coordinar a regulación normativa propia do IGVS garantindo a coherencia e compatibilidade das diferentes disposicións.
  • Propoñer e, no seu caso, coordinar a aplicación dos diferentes procedementos orientados a conseguir un adecuado funcionamento dos programas do IGVS.
  • O estudio e informe dos recursos interpostos contra actos do Instituto, así como, en xeral, o apoio xurídico á Secretaría Xeral, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría Xurídica do IGVS.
  • Dirixir as funcións de inspección e control nas materias que legalmente lle corresponden ao IGVS.
  • Elaborar, a requirimento do/da secretario/a xeral, os estudios e propostas de actuación relativos á estructuración, planificación, organización, métodos de traballo dos procedementos administrativos e da xestión do Instituto.
  • Estudiar e preparar, por mandato do/da secretario/a xeral, os expedientes que teñan que elevarse ao Consello da Xunta e as Comisións de Secretarios/as Xerais.
  • Preparar e custodiar as disposicións normativas, a súa remisión ao Diario Oficial de Galicia, e a elaboración das compilacións e refundicións das normas emanadas do Instituto.
  • Coordinar os sistemas de información e atención á cidadanía nas materias da súa competencia.
  • Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.
 

A Dirección Técnica de Réxime Xurídico e Inspección estructúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

 
Servizo de Inspección.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  • Planificar, coordinar e, de se-lo caso, efectua-las inspeccións de ocupacións, usos e transmisións nas vivendas de promoción pública e locais propios do Instituto.
  • A inspección para verifica-lo cumprimento da normativa reguladora do uso e transmisión das vivendas con protección pública ou libres de promoción privada.
  • Coordinar as actuacións que procedan en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas.
  • Efectuar as inspeccións relativas aos impagos de vivendas e coordinar coas Áreas Provinciais os expedientes de resolución de contratos e desafiuzamentos.
  • Xestionar os expedientes de execucións hipotecarias que se produzan por impago das cuotas nas vivendas de promocion pública.
  • Calquera outra que en materia de inspección lle asigne a normativa de aplicación relativa ás competencias propias do IGVS.
 
Servizo de Rexistros en Materia de Vivenda.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  • Xestionar e coordinar o rexistro de demandantes de vivenda protexida.
  • Propoñer procedementos de mellora no funcionamento do mesmo.
  • Xestionar e coordinar calquera rexistro público que se cree en materia de vivenda dentro das competencias do IGVS.
  • Elaborar informes e estatísticas relativos aos datos contidos nos rexistros en materia de vivenda.
  • Xestionar a información e atención á cidadanía nas materias da súa competencia.
  • En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
 
Servizo Técnico Xurídico

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  • Estudiar, coordinar e, de se-lo caso, elaborar os anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral emanados do Instituto, así como levar a cabo compilacións e refundicións da normativa propia.
  • Elaborar informes e dictames, estudiar as propostas de resolución que sexan elaboradas polas distintas unidades do Instituto e as reclamacións e recursos que se produzan contra actos administrativos deste.
  • Tramitar as queixas que se formulen ante o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo.
  • Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais asi como coordinar o cumplimento das sentencias ditadas polos mesmos.
  • Revisar e coordinar os expedientes para remitir á Comisión de Secretarios Xerais e ao Consello da Xunta de Galicia.
  • En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

 

NORMATIVA VIVENDA

 

20 anos traballando nunha regulamentación eficaz da vivenda e do solo galegos

Xa hai 20 anos dende que a Lei 3/1988, do 27 de agosto, creou o IGVS e lle encomendou “ a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia”.

Dende o 1 de xaneiro de 1989, data na que se resolve a súa entrada en funcionamento, ata hoxe, o IGVS, para acadar unha maior eficiencia na xestión das súas competencias, dota a súa actividade dun novo marco normativo e axusta o seu traballo á lexislación europea e estatal, principalmente na aplicación en Galicia dos Plans Estatais de Vivenda.

O compendio normativo ante o que vostede se atopa inclúe as normas, tanto as propias como as aplicables, que nestes 20 anos estanse a empregar ou se empregaron á vivenda e ó solo galegos.