Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » Visión da estrutura orgánica

O IGVS

Visión da estrutura orgánica

O IGVS dentro da súa natureza autónoma conta cunha estrutura orgánica composta polo Consello, o Presidente, o Director xeral, o Xerente, as Direccións técnicas e as Delegacións provinciais.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo confórmase coma un organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería, ao que lle corresponde a realización das políticas de vivenda e solo. Para o desempeño destas súas funcións, o Instituto terá a seguinte estrutura orgánica:

  1. O Consello do Instituto
     
  2. O presidente
     
  3. A dirección xeral
     
  4. A secretaría Xeral
     
  5. As direccións técnicas
    • Dirección Técnica de Xestión do Patrimonio e Fianzas
    • Dirección Técnica de Construcións e Calidade
    • Dirección Técnica de Solo
    • Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
    • Dirección Técnica de Réxime Xurídico e Inspección
    • Dirección Técnica de Fomento
    • Dirección Técnica de Actuacións en Aluguer
       
  6. As Xefaturas Territoriais
     
  7. As Areas Provinciais

 

I. O Consello.

 

O Consello é o órgano superior do Instituto, ó que lle corresponde a alta dirección da súa actividade.

O Consello do Instituto está constituído por:

a)      O/A Presidente/a do Consello e do Instituto, que será o/a conselleiro/a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b)      Un/unha Vicepresidente, que será o/a secretario/a xeral da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

c)      Os/As vocais, que serán:

  •   Un/Unha director/a xeral representante da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  •   Un/Unha director/a xeral representante da Consellería de Facenda.
  •   O/A secretario/a xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
  •   O/A director/a xeral de Sostibilidade e Paisaxe da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  •   O/A director/a xeral do IGVS.

d)      O/A secretario/a do Consello, que será o/a Secretario/a Xeral do Instituto Galego da Vivenda Solo, ou persoa en quen delegue.

 

 
Correspóndelle ó Consello do Instituto:

a)      A aprobación dos seus plans e programas de actuacións, por proposta do/a director/a xeral do IGVS.

b)      A aprobación do anteproxecto de orzamento do Instituto, presentado polo seu director/a xeral.

c)      O control da xestión do Instituto.

d)      A constitución de comisións de estudio sobre aspectos específicos en materias da súa competencia e o deseño de plans de formación e divulgación no ámbito das competencias do Instituto.

e)      A aprobación da proposta de creación de consorcios e sociedades anónimas ou de integración ou participación do Instituto nas xa constituídas, así como a aprobación da proposta de constitución de xerencias e de todo tipo de acordos coa iniciativa privada.

Cantos asuntos relacionados coa competencia do Instituto lle someta o/a seu /sua Presidente/a

 

II. O Presidente.

 

O/A Presidente/a do Instituto Galego da Vivenda e Solo será o/a conselleiro/a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, quen desempeña a representación oficial deste.

Correspóndelle ó/á Presidente/a do Instituto:

a)      Convoca-las reunións do Consello, sinalando lugar, día e hora da celebración, así como establece-la orde do día delas, por propia iniciativa ou cando así o solicite a metade máis un dos membros do Consello.

b)      Presidir e dirixi-las deliberacións do Consello.

c)      Autorizar coa súa sinatura as actas das sesións do Consello do Instituto.

d)      Someter á aprobación do Consello da Xunta o anteproxecto de orzamentos do Instituto e, se é o caso, os seus plans e programas.

e)      Obrigar ó Instituto en tódolos casos, de conformidade cos requisitos esixidos pola lexislación vixente, correspondéndolle, como órgano de contratación del, a facultade de celebrar contratos.

f)        Calquera outra facultade que, en relación coas materias de competencia do Instituto, se lle atribúa regulamentariamente.

 

III. A Dirección xeral.

 

O/A director/a xeral do Instituto é o seu órgano executivo. Será nomeado e destituído libremente polo Consello da Xunta, por proposta do/a conselleiro/a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

Correspóndelle ó/á director/a xeral do Instituto:

a)      Asistir ao Presidente/a no exercicio das súas funcións.

b)      Exercer, por delegación do/a Presidente/a, a representación oficial do Instituto.

c)      Executar os acordos do Consello do Instituto.

d)      Dirixir a xestión do Instituto.

e)      Asinar, no caso de delegación do/a Presidente/a e en nome do Instituto, os convenios e contratos sobre materias da súa competencia.

f)        Elaborar o anteproxecto de orzamentos do Instituto, así como rende-las contas correspondentes.

g)      Dispoñer os créditos e dotacións, o recoñecemento das obrigas e a ordenación dos pagamentos do Instituto, dentro dos límites que lle correspondan.

h)      Dirixir a preparación dos plans e programas do Instituto e presentalos ó Consello do Instituto para a súa aprobación.

i)        Exercer a xefatura superior sobre o persoal do Instituto.

j)        Presentar a Memoria anual do organismo.

k)      Tódalas facultades que lle delegue expresamente o/a Presidente/a do Instituto ou lle sexan encomendadas polo Consello. Terá, así mesmo, como propias, tódalas funcións e facultades non encomendadas pola lexislación vixente ó Consello ou ó/á Presidente/a do Instituto.

 

IV. A Secretaría Xeral.

 

O/A secretario/a xeral do Instituto, que terá a consideración de alto cargo, será nomeado polo Consello do Instituto a proposta do/a director/a xeral entre persoas con titulación superior. Cesará no seu cargo polo mesmo procedemento.

 

Correspóndelle ó/á secretario/a xeral, baixo a dependencia do/a director/a xeral do Instituto:

a)      Desempeña-la secretaría do Consello do Instituto.

b)      A dirección inmediata do persoal do Instituto e das actividades do réxime interior

c)      A coordinación de tódolos servizos do Instituto, velando polo seu correcto funcionamento e control.

d)      A realización dos estudios necesarios para elabora-los plans xerais e os programas en materia de vivenda.

e)      Propoñer as accións relativas ó réxime interno dos servizos, a súa inspección e canto afecte ó seu funcionamento interno.

f)        A coordinación da contratación do Instituto.

g)      A dirección dos asuntos relativos ó apoio xurídico e informatización do IGVS.

h)      Tódalas funcións que lle delegue expresamente o/a director/a xeral do Instituto.

 

O/A secretario/a xeral asumirá, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade do/a director/a xeral do Instituto, as funcións ordinarias de despacho e sinatura nos asuntos de mero trámite e nos que con carácter ordinario lle sexan delegados.

 

Dependerán orgánicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de Subdirección Xeral:

A Asesoría Xurídica do IGVS, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia. Dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co número de efectivos que se determine na correspondente Relación de Postos de Traballo.

A Intervención Delegada, que dependerá funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e contará co número de efectivos que se determine na correspondente Relación de Postos de Traballo 

           
Para o exercicio da súa competencia, a Secretaría Xeral contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de xefatura de servizo:
 
  • Servizo de Xestión de Recursos Humanos e de Réxime Interior.
  • Servizo de Informática.
  • Servizo de Contratación.


IV. As Dirección Técnicas.

 

Os/As directores/as técnicos/as do IGVS, con rango orgánico de subdirector xeral, serán nomeados polo Presidente/a do Instituto, por proposta do/a director/a xeral deste.

 

 As Direccións Técnicas do Instituto son as unidades orgánicas encargadas do estudio, tramitación e proposta de resolución dos asuntos de competencia do Instituto que se lles atribúan.

Son as seguintes:

  • Dirección Técnica de Xestión do Patrimonio e Fianzas
  • Dirección Técnica de Construcións e Calidade
  • Dirección Técnica de Solo
  • Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
  • Dirección Técnica de Réxime Xurídico e Inspección
  • Dirección Técnica de Fomento
  • Dirección Técnica de Actuacións en Aluguer
      

V. As Xefaturas Territoriais.

Os/As Xefes/as Territoriais do IGVS serán os da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os cales se organizarán dacordo co decreto de estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Dos/as Xefes/as Territoriais dependerán todos os servizos e unidades do IGVS que estén no ámbito da súa competencia territorial.

No ámbito territorial respectivo, en materia de vivenda e solo, correspóndelles o exercicio das seguintes funcións:

a)      Impulsa-la xestión e tramitación de expedientes administrativos nas materias do ámbito de competencia do Instituto.

b)      A proposta, posta en práctica e control da execución de plans e programas de actuación do Instituto e a elaboración de estudios e informes de carácter xeral necesarios para estes efectos.

c)      O asesoramento en tódalas cuestións da súa competencia que lles sometan os órganos centrais do Instituto.

d)      Elevar á Dirección Xeral propostas de actuación da Área Provincial, así como emitir informes sobre actuacións do Instituto no seu ámbito territorial.

e)      Asinar en nome do Instituto, no caso de delegación de sinatura, tódalas escrituras relativas á promoción pública de vivendas do IGVS e dos terreos, así como a cancelación de préstamos hipotecarios, se fora o caso, e os contratos de compravenda ou alugueiro de vivendas e locais no seu ámbito provincial.

f)        Asimesmo todas as funcións que foron atribuidas como propias ós/ás suprimidos/as delegados/as provinciais nas diferentes normas sectoriais en materia de vivenda.

Calquera outra que lles sexa delegada polo/a Presidente/a do IGVS, o Consello ou o/a director/a xeral do mesmo.

  

VI. As Áreas Provinciais.

 

Para o cumprimento das súas funcións, as Areas Provinciais do IGVS contarán con unha Xefatura de Area Provincial do IGVS, con rango de xefatura de servizo.

Correspóndelle a cada Área Provincial o exercicio das seguintes funcións:

a)      Dirixi-la xestión de cantos asuntos en materia das competencias do IGVS teña atribuidos a Área Provincial, asegurando o cumprimento dos obxectivos do Instituto no seu ámbito.

b)      Dirixir e coordina-las funcións seguintes: o réxime interior, a tramitación administrativa, a xestión de persoal, o rexistro xeral e os diferentes rexistros públicos, os arquivos da Área Provincial e a información ao público.

c)      Elabora-la información e estatísticas da Area Provincial.

d)      Prestarlle asesoramento e asistencia técnica ao/á xefe/a territorial.