Á
Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos correspóndelle, sen prexuízo
das competencias que en materia de control sexan exercidas pola Consellería de Facenda, a través da
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as seguintes funcións:
- A supervisión e asesoramento da actividade económica do IGVS.
- A subministración, á Dirección Xeral, da información da actividade económica do Instituto.
- A colaboración coa Dirección Xeral e a Secretaría Xeral na planificación e programación da
actividade económica, así como no proceso de orzamentación do Instituto, a súa execución, a
distribución dos proxectos e financiamento. Así mesmo a coordinación da Tesourería.
- Coordinar os traballos de inventario do IGVS, os procedementos de actualización, así como a
coordinación das unidades que teñan implicación no seu mantemento, todo elo sen prexuízo das
funcións que corresponden á Secretaría Xeral e ó Servizo de Contabilidade e Tesourería no relativo
á certificación dos bens que forman parte de aquel, e maila anotación na contabilidade do
Instituto. Así mesmo, remitirá, a solicitude da Consellería de Facenda, os datos precisos para a
actualización do Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma.
- A análise dos procedementos de gasto do IGVS, propoñendo as modificacións precisas para que se
axusten ós principios de economicidade e axilidade que permitan unha maior eficacia para a
xestión.
- Coordinar as relacións cos órganos de control da Xunta de Galicia, o Consello de Contas ou o
Tribunal de Cuentas.
- A dirección da contabilidade do organismo.
- A coordinación da Tesourería e dos ingresos e pagamentos do organismo.
- Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.
A Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos contará cos seguintes servizos, con
rango de xefatura de servizo:
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Elaborar o anteproxecto de orzamento do Instituto.
- Efectuar o seguimento da execución do orzamento.
- Tramitar, cando sexa preciso, as oportunas modificacións do orzamento.
- Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.
Servizo de Control Interno.
Realizará, en colaboración coa Intervención Delegada do IGVS, as seguintes funcións:
- Formular propostas de control preventivo do cumprimento da legalidade substantiva e formal
nos procesos de xestión do gasto do IGVS.
- Apoio ó control posterior do cumprimento das normas e directrices internas e externas na
xestión das operacións do IGVS, así como do cumprimento dos principios de eficacia e economía na
súa xestión.
- Propostas de melloras, modificacións ou revisións dos procedementos de xestión
económico-financieira do IGVS.
- A revisión e supervisión dos procesos nos que se concreta a actividade económica do organismo
con carácter previo áaprobación pola Dirección Xeral.
- Asesoramento ás unidades con competencia na xestión do gasto.
- Mantemento de información continua relativa ós gastos.
- Calquera outra relativa ó control económico-financieiro que lle asigne a normativa de
aplicación.
Servizo de Contabilidade e Tesourería
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Realizar as accións propias da xestión da tesourería do Instituto, así como a materialización
dos ingresos e pagamentos, o control dos saldos das contas correntes do IGVS, a recepción, custodia
e devolución de depósitos que se constitúan ante o Instituto, e de se-lo caso, xestionar as
funcións que lle corresponden ó IGVS en relación coa recadación executiva prevista na disposición
adicional terceira da Lei 3/1988, de creación do Instituto.
- Elaborar e subministra-la información contable que precisen os órganos de dirección do
Instituto.
- Levar e desenvolver a contabilidade do Instituto.
- Preparar as posibles modificacións e adaptacións do Plan Xeral de Contabilidade Pública para
o IGVS.
- Preparar e examina-las contas que debe rende-lo Instituto perante o seu órgano de tutela, a
Xunta de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Cuentas ou calquera outra rendición de contas
preceptiva.
- Velar polo cumprimento das obrigas formais coa administración tributaria.
- Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.