Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Construcións e Calidade

O IGVS

A Dirección Técnica de Construcións e Calidade

Á Dirección Técnica de Construccións e Calidade correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  • Propoñer e elaborar plans xerais e programas anuais detallados de actuación en materia de rehabilitación e promoción pública de vivenda, ben sexa en solo propio do Instituto ou ben mediante concursos de adquisición de vivendas xa rematadas ou en fase de proxecto ou construcción, así como a súa xestión.
  • Propoñer e elaborar plans xerais e programas anuais detallados de conservación do parque de vivendas de promoción pública e a xestión dos anteditos programas, así como a xestión das axudas que se establezan ás comunidades de propietarios/as destas vivendas.
  • Elaborar os pregos de prescricións técnicas para a contratación das obras do Instituto e supervisar e aprobar, de se-lo caso, os que lle sexan sometidos á súa consideración.
  • Controlar a execución dos programas de construcción e rehabilitación e o cumprimento dos prazos previstos nos proxectos de obras.
  • Supervisar os proxectos que lle sexan encomendados.
  • Xestionar os convenios para a promoción pública de vivendas.
  • Xestionar a adquisición de vivendas, edificios e aloxamentos provisionais e actuacións de emerxencia en promoción pública de vivendas.
  • A proposta de regulación normativa e de establecemento de estándares de habitabilidade das vivendas no marco das demandas actuais de confort e eficiencia enerxética.
  • O seguimento da aplicación do Código Técnico da Edificación e a proposta para o seu desenvolvemento normativo adaptado ás características da edificación en Galicia.
  • O establecemento de estándares técnicos, e en xeral a acreditación das recomendacións que se establezan no relativo a materiais, procesos e sistemas constructivos.
  • A acreditación de entidades de control de calidade, así como laboratorios de calidade en materia de edificación.
  • Aquelas outras medidas que garantan técnicamente a protección dos/as adquirentes e usuarios/as de vivendas.
 

A Dirección Técnica de Construccións e Calidade estructúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Programación, Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  • Realizar estudios de investimentos en coordinación coa Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, nos aspectos económico-financieiros.
  • Realizar a proposta de orzamento das obras de construcción e conservación de vivendas e urbanizacións.
  • Supervisar os investimentos concluídos e realiza-la proposta e reaxuste de anualidades en función do grao de avance das obras.
  • A xestión das certificacións e incidencias nas obras.
  • O seguimento e a xestión das obras realizadas en réxime concertado, das súas certificacións e das incidencias nelas.
  • A xestión administrativa dos asuntos de competencia da dirección técnica.
  • En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
 
Oficina Técnica de Construcións.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  • Propoñer a normativa de deseño e técnicas que se vaian aplicar na construcción de vivendas de promoción pública.
  • Actuar como oficina de supervisión de proxectos coas funcións previstas na normativa de contratación púiblica.
  • Elaborar os pregos de prescricións técnicas para a contratación de obra nova e adquisición de vivendas e locais en fase de proxecto ou construcción, garantindo o seu axuste ás normas establecidas, e informar sobre os que sexan sometidos á súa consideración.
  • Realizar o plan de control de calidade para asegurar o cumprimento das normas establecidas, así como o control e, de se-lo caso, a inspección da execución das obras para verifica-lo cumprimento da normativa reguladora da construcción.
  • Realizar informes técnicos de avaliación de ofertas, a petición, de se lo caso, das mesas de contratación e os órganos de contratación.
  • Dirixir, no seu caso, obras de construcción e reparación de vivendas de promoción pública.
  • Asesorar técnicamente en materia de rehabilitación de vivendas, na elaboración da documentación técnica e en cantas materias relacionadas coas súas funcións lle sexan formuladas, garantindo o apoio técnico requirido polos outros órganos do Instituto.
  • Realizar estudios técnicos no ámbito da súa competencia.
  • Redactar os proxectos que lle sexan encomendados.
  • Supervisar ou recibir, de se-lo caso, as certificacións parciais e finais das obras do Instituto en execución directa ou concertada.
  • En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
 

Servizo de Calidade.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  • Elaborar disposicións técnicas en materia de control de calidade.
  • Emitir informes e certificados técnicos relativos aos procesos de edificación e materiais, así como a tramitación das actuacións necesarias para a acreditación de laboratorios e entidades técnicas de control.
  • O estudio e proposta de disposicións relativas aos materiais, técnicas e procesos de aforro enerxético e edificación sostible.
  • A proposta de regulación das normas en materia de habitabilidade.
  • Cantas funcións en relación coa mesma materia lle sexan encomendadas polos órganos do Instituto ou as disposición en materia de calidade.

BASE DE DATOS DA CONSTRUCIÓN

A base de datos da construción é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou coma elemento de consulta.

CÓDIGO TÉCNICO DA EDIFICACIÓN

O Código Técnico de Edificación (CTE) é unha normativa que establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relación á seguridade e a habitabilidade.