Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT Técnica de Xestión do Patrimonio e Fianzas

O IGVS

A Dirección Técnica de Xestión Patrimonial e Fianzas

Á Dirección Técnica de Xestión Patrimonial e Fianzas correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A administración e xestión do patrimonio do Instituto correspondente a vivendas e locais comerciais así como a xestión das rendas dos bens deste.
  2. A elaboración das propostas de normativa reguladora do uso, conservación, aproveitamento e transmisión dos bens do IGVS.
  3. A xestión dos ingresos relacionados coas competencias propias que lle correspondan á Dirección Técnica.
  4. O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988 lle atribúe ó Instituto en materia financieira e en especial o endebedamento.
  5. A xestión das fianzas asi como a proposta do desenvolmento normativo para a constitución dos depósitos.
  6. A tramitación, de se-lo caso, de convenios coas entidades financieiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública.
  7. A realización dos estudios precisos para un mellor coñecemento das necesidades no ámbito das súas competencias.
 

Dependendo do/a director/a técnico/a existirán as seguntes unidades, con rango de xefatura de servizo:

O Servizo de Xestión do Patrimonio, coas seguintes funcións:

  1. Realiza-lo seguimento dos créditos de investimentos do IGVS, tramitando o pagamento de xuros e a subsidiación que se derive dos convenios coas entidades financeiras como consecuencia da subrogación nos créditos dos/as adquirentes de vivendas.
  2. A revisión e control das contas de recadación ou, de se-lo caso, a xestión directa da recadación. Controla-las altas e baixas en facturación de locais, aportacións iniciais e IVE. O control da facturación e ingresos correspondentes a vivendas adxudicadas en segundas transmisións.
  3. A revisión e a tramitación dos estudios económicos de valoración de vivendas para a súa aprobación.
  4. O estudo, a proposta e a xestión de tódalas actuacións encamiñadas á mellor administración do patrimonio de vivendas e locais comerciais do Instituto, como as amortizacións anticipadas, as poxas e outras.
  5. Xestiona-las axudas ós /ás adquirentes de vivendas de promoción pública.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

 

O Servizo de Fianzas, ó que lle corresponderá o exercicio das seguintes funcións:

  1. A administración e xestión directa, ou mediante concertos, das fianzas legalmente establecidas nos supostos de alugamento de vivendas e locais de negocio e contratos de subministración.
  2. A aplicación da normativa reguladora en materia de depósitos de fianzas.
  3. A xestión de asuntos referentes á facenda pública e, específicamente, a xestión do IVE no ámbito das vivendas de promoción pública e locais comerciais, así como a xestión do IBI e o resto dos tributos locais que gravan ás vivendas.
  4. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

 

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

PLAN SECTORIAL GALEGO

         O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a impulsar unhas medidas orientadas especialmente a dispor do solo adecuado e suficiente para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de promoción e protección pública, de acordo coas necesidades da población ….