Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ENTREGA UNHA NOVA VIVENDA EN VIGO EN RÉXIME DE ALUGUEIRO SOCIAL

§  Publicáronse tamén as listas correspondentes ao procedemento de adxudicación de seis vivendas rehabilitadas no Casco Vello

§  Trátase dunha vivenda cedida por Sareb e adxudicada a unha familia afectada por un desafiuzamento

 

Santiago, 27 de marzo de 2016 .- A Xunta entregou unha nova vivenda a unha familia de Vigo en réxime de alugueiro social, despois de asinarse o contrato de alugueiro da mesma. Trátase dunha vivenda cedida por Sareb á Consellería de Infraestruturas e Vivenda para destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos.

 

Por outra parte, o Goberno galego publicou hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos en dous procedementos de adxudicación de vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia. ( http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/600 )

 

As listas corresponden a seis vivendas emprazadas en dous edificios da rúa Ferrería.

 

Dúas das vivendas están situadas na rúa Ferrería 10-12. Ambas dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros.

 

As outras catro vivendas emprázanse en Ferrería 45-47, con superficies dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.

 

Emprazamento

Características das vivendas

Prezo de venda

Ferrería 10-12

1º piso. 56,79 m 2 + rocho

90.186 €

Ferrería 10-12

2º piso 56,79 m 2 + rocho

95.056 €

Ferrería 45-47

1º A. 55,65 m 2

83.475 €

Ferrería 45-47

1º B 76,12 m 2

114.180 €

Ferrería 45-47

2º A. 56,65 m 2

90.640 €

Ferrería 45-47

2º B. 109,75 m 2

175.600 €