Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR ADXUDICOU DOCE PARCELAS DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓNS POR MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS

·      As parcelas adxudicadas pertencen aos parques de Ordes, A Sionlla (Santiago), Melide, Bértoa (Carballo) e A Reigosa (Ponte Caldelas) e suman unha superficie de 20.204 metros cadrados

·      No que vai de ano Xestur adxudicou 55 parcelas bonificadas, cunha superficie total de 105.799,73 metros cadrados e bonificacións por importe de máis de 3,8 millóns de euros.

·      En 57 parcelas adxudicadas en 2015 xa están iniciados os traballos de construción de instalacións, téndose rematado en 29 delas.

 

Santiago, 24 de outubro de 2016 .- Doce novas parcelas de solo empresarial bonificado foron adxudicadas hoxe polo consello de administración de Xestur, cunha superficie total de 20.204 metros cadrados e bonificacións por importe de 557.840,95 euros. As parcelas adxudicadas emprázanse nos parques empresariais de Bértoa (Carballo), A Sionlla (Santiago de Compostela), Melide, Ordes e A Reigosa (Ponte Caldelas).

 

 

Parque empresarial

Parcelas

Superficie

Importe €

Bonificación €

Ordes

83 e 84

7.132

204.688,40

87.723,60

A Sionlla (Santiago)

H1c08c

1.200

136.920

58.680,00

Melide

65

1.090

45.780

19.620,00

Bértoa (Carballo)

H6 e H7-H8

2.876

115.750,93

115.750,93

Bértoa (Carballo)

D17 e D18-D19-D20

3.815

156.313,40

156.313,39

Bértoa (Carballo)

G26

1.452

58.409,04

58.409,03

A Reigosa (Ponte Caldelas)

33

2.639

143.136

61.344,00

TOTAL

 

20.204

860.997,77

557.840,95

 

No que vai de ano, Xestur adxudicou un total de 55 parcelas de solo empresarial con prezo bonificado, cunha superficie total de 105.799,73 metros cadrados e bonificacións por importe de 3.852.694,55 euros, o que supón unha bonificación media do 40 por cento (a bonificación é do 30 ou 50 por cento segundo os parques empresariais).

 

A estas vendas bonificadas de 2016 hai que sumar as 179 parcelas adxudicadas por Xestur, con bonificación, en 2015, ano no que as adxudicacións acadaron os 404.562 metros cadrados e as bonificacións superaron os 14,5 millóns de euros.

 

Os adxudicatarios de solo empresarial bonificado están obrigados a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a formalización da compravenda. Malia que na meirande parte das adxudicacións aínda non pasou un ano, son moitas xa as empresas que están a desenvolver as súas actividades nas parcelas adquiridas.

 

En concreto, nun total de 57 parcelas están as obras de construción de instalacións iniciadas ou rematadas, cunha superficie total de preto de 185.000 metros cadrados. Dese total, en 29 parcelas propiedade de 21 empresas as obras de construción xa remataron, cunha superficie de preto de 113.000 metros cadrados.