- O IGVS investiu preto de 3,11 millóns de euros na súa construción
- Quedan once vivendas vacantes que se sortearon o 10 de abril entre os inscritos no Rexistro
de Demandantes
Narón (A Coruña), 12 de abril de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, entregou esta mañá aos seus adxudicatarios as chaves
de 24 vivendas de promoción pública construídas polo Executivo autonómico na localidade coruñesa de
Narón. No acto de entrega, o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio
Boné, pediu desculpas aos adxudicatarios polo retraso na entrega das vivendas, situación –explicou-
que non é imputable unicamente ao IGVS, xa que houbo que superar múltiples trabas para obter a
licenza de utilización do garaxe.
No acto entregáronse as chaves de 24 das 35 vivendas construídas, quedando 11 vacantes que se
atopan en proceso de adxudicación despois de que xa foron sorteadas o 10 de abril entre os
inscritos no Rexistro de Demandantes. A lista de adxudicatarios e reservas está publicada na web do
IGVS (http://igvs.es/web/igvs/15).
Das vivendas entregadas, 19 foron adxudicadas en réxime de alugueiro, xa que a normativa indica
que así se debe facer cando os ingresos ponderados familiares non superan 1,5 veces o Iprem. No
caso das vivendas en réxime de alugueiro o importe mensual do mesmo oscila entre 62,29 e 157,53
euros, en función da superficie da vivenda e dos ingresos dos adxudicatarios.
As restantes cinco vivendas foron adxudicadas en réxime de compravenda, con prezos que oscilan
entre 40.703,66 euros e os 62.921,59 euros euros, tamén en función da superficie e dos ingresos
familiares.
Tanto en réxime de alugueiro como en compravenda, os adxudicatarios benefícianse de descontos de
ata o 50 por cento do valor da vivenda (ou da renda), en función dos ingresos familiares
ponderados.
Vivendas de calidade
As vivendas entregadas hoxe en Narón responden ao seguinte:
• Tipoloxía edificatoria: Residencial en bloque. Edificio de 2 sotos + planta baixa + 4 andares
+ baixo cuberta.
• A distribución das vivendas é a seguinte:
- 3 vivendas de 1 dormitorio, cunha superficie que vai dende 43,83 m2 a 50,86 m2
- 7 vivendas de 2 dormitorios, cunha superficie que vai dende 58,75 m2 a 68,85 m2
- 22 vivendas de 3 dormitorios (1 está adaptada para persoas con mobilidade reducida), cunha
superficie que vai dende 80,06 m2 a 83,92 m2
- 3 vivendas de 4 dormitorios, cunha superficie de 90 m2
• Todas elas contan con garaxe e rocho.
Características:
O programa individual de cada vivenda inclúe:
• Sala de estar-comedor
• Cociña
• Tendedeira
• Cuartos de aseo
• Dormitorios
Memoria construtiva:
• Os acabados exteriores son:
• Cuberta de chapa metálica
• Revestimento de fachada de morteiro monocapa
• Carpintería exterior de aluminio lacado negro
Os acabados interiores son:
• Carpintería interior de taboleiro aglomerado, acabado chapado en madeira
• Pavimento de tarima de madeira en distribuidor, salón e dormitorios
• Pavimento de gres porcelánico en baños e cociña
• Armarios empotrados con portas de taboleiro chapado en madeira
As vivendas contan con caldeiras individuais de gas para produción de A.Q.S e calefacción, así
como con paneis solares en cuberta.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo investiu 3.115.143,75 de euros na súa construción e na
urbanización do entorno.