Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

SORTEADAS SEIS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN MUIMENTA, NO CONCELLO DE COSPEITO

Santiago, 19 de xullo de 2011.- A Comisión Provincial de Vivenda sorteou hoxe seis vivendas de promoción pública construídas polo IGVS en Muimenta, no concello de Cospeito, que quedaran vacantes dunha adxudicación anterior. O sorteo realizouse entre os adxudicatarios das mesmas, para asignar a cada un deles a vivenda concreta que lles corresponde.

Estes pisos forman parte dunha promoción integrada por un total de 32 vivendas, das que 25 foron entregadas aos seus adxudicatarios o pasado 1 de marzo, nun acto que contou coa presenza delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné

A promoción está composta por pisos de 3 dormitorios -con 82 metros cadrados de superficie útil-, de catro e de dous cuartos. As superficies destes últimos aproximan aos 63 metros cadrados, e os máis grandes chegan aos 90 metros cadrados. Todas teñen vinculado un trasteiro e unha praza de garaxe.