Á
Dirección Técnica de Solo correspóndelle o exercicio das seguintes
funcións:
- A planificación e programación das necesidades de solo e os estudios económico-financieiros
correspondentes ás actuacións previstas.
- A análise, segundo as prescricións do planeamento, de ámbitos de solo con destino á
construcción de vivendas protexidas tanto a escala metropolitana como comarcal ou municipal.
- Propoñer as disposicións normativas precisas relativas ás competencias en materia de solo do
Instituto.
- A promoción e xestión do solo preciso para as finalidades do Instituto, e específicamente
para a execución dos programas de construcción de vivendas protexidas.
- A promoción e xestión do solo de carácter productivo, incluíndo o solo empresarial.
- A xestión de convenios ou instrumentos xurídicos análogos con esta finalidade.
- A formación dos correspondentes plans urbanísticos e proxectos, e a súa supervisión técnica
coa asistencia que sexa precisa da Dirección Técnica de Construccións e Calidade. A xestión dos
ditos plans e proxectos técnicos urbanísticos cando os desenvolva directamente o Instituto, ou coa
súa cooperación mediante calquera dos sistemas previstos na lexislación sobre urbanismo aplicable
en Galicia.
- A xestión e tramitación dos expedientes de expropiación oportunos para a consecución dos fins
do Instituto.
- A coordinación das Xestures e o seguimento das encomendas e/ou convenios asinados coas
sociedades urbanísticas, empresas ou sociedades que teñan como finalidade a promoción e xestión do
solo.
- O establecemento de axudas en materia de solo.
- Actuar como oficina de supervisión de proxectos nos proxectos relativos ás súas
competencias.
- Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.
A Dirección Técnica de Solo estructúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de
servizo:
Servizo de Solo Residencial.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Preparar as prescricións técnicas para os concursos de adquisición de solo e informar sobre
as ofertas.
- Xestionar a adquisición do solo residencial, mediante cesión gratuíta dos concellos, compra
directa, permuta ou expropiación, así como supervisar os proxectos de expropiación presentados por
empresas públicas participadas ou por particulares cando teñan o carácter de
beneficiarios/as.
- Preparar os convenios cos concellos para a creación de solo residencial.
- Xestionar e coordinar as obras de urbanización para transformar o solo.
- Xestionar os procedementos de alleamento de solo, así como as propostas de alleamento e
cesión de solo a promotores/as públicos e privados.
- A xestión dos tributos relativos aos solos competencia da dirección técnica.
- Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.
Servizo de Solo Empresarial.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Programar as necesidades de solo productivo, en coordinación con outros órganos da Xunta de
Galicia.
- Xestionar a adquisición do solo empresarial, por expropiación ou mutuo acordo.
- Propoñer a contratación e supervisar os plans e proxectos técnicos precisos para a promoción
do solo, así como a xestión das obras de urbanización.
- Xestionar o alleamento do solo empresarial.
- Se e o caso, o establecemento e xestión de axudas para a renovación de infraestructuras en
polígonos empresariais promovidos por promotores/as públicos e privados.
- Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.