Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección

O IGVS

A Dirección Técnica de Xestión Patrimonial e Fianzas

Á Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. A administración e xestión do patrimonio do IGVS, así como a xestión das rendas dos bens deste.
  2. A elaboración das propostas de normativa reguladora da adxudicación, uso e xestión, conservación, administración, aproveitamento e transmisión do patrimonio de vivendas e locais do IGVS.
  3. A xestión dos ingresos relacionados coas competencias propias que lle correspondan á Dirección Técnica.
  4. O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988 lle atribúe ao IGVS en materia financeira e, en especial, o endebedamento.
  5. A xestión das fianzas, así como a proposta do desenvolvemento normativo para a constitución dos depósitos e a xestión destes.
  6. A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública.
  7. A realización dos estudos precisos para un mellor coñecemento das necesidades no ámbito das súas competencias.
    Dirixir as funcións de inspección e control nas materias que legalmente lle correspon- den ao IGVS.
  8. Elaborar instrucións e directrices de coordinación das áreas provinciais sobre o réxime xurídico das vivendas de promoción pública e resto de funcións competencia da Dirección Técnica.
  9. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Dependendo do/a director/a técnico/a existirán as seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:
 
Servizo de Xestión e Financiamento de Vivendas de Promoción Pública , coas seguintes funcións:
  1. Propoñer, elaborar e realizar o seguimento dos convenios coas entidades financeiras para facilitar o acceso das persoas adxudicatarias ás vivendas protexidas de promoción pública.
  2. A revisión e a tramitación dos estudos económicos de valoración de vivendas para a súa aprobación.
  3. A xestión directa da facturación e recadación mensual, así como as amortizacións de vivendas e locais e a revisión e control das contas de recadación.
  4. A xestión de asuntos referentes á facenda pública e, especificamente, a xestión do IVEno ámbito do patrimonio inmobiliario do organismo.
  5. Elaborar as propostas de regulación e o seguimento dos rexistros públicos de deman- dantes que se creen en materia da súa competencia.
  6. O control dos procedementos de adxudicación, uso e coordinación da xestión das vivendas protexidas e de locais comerciais de titularidade do IGVS.
  7. A xestión de pagamentos a comunidades de propietarios e xestión de xuntas admi- nistradoras de inquilinos/as.
  8. Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais do organismo.
  9. A coordinación dos trámites a realizar polas diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos, en relación con estas funcións, nos diversos procedementos que teñan relación cos inmobles.
  10. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Patrimonio, coas seguintes funcións:
  1. O estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor admi- nistración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
  2. A realización de trámites notariais e rexistrais das actuacións en materia patrimonial.
  3. A revisión e actualización e mantemento do inventario de bens inmobles en coordina- ción cos outros órganos do IGVS.
  4. Preparación e tramitación de todo tipo de expedientes en defensa extraxudicial dos intereses do IGVS e do seu patrimonio.
  5. A depuración e regularización da situación rexistral do parque inmobiliario do IGVS.
  6. Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais de propiedade do organismo, en especial, no relativo aos aspectos xurídicos, de xestión, inventario e administración.
  7. Xestión da valoración de riscos e da xestión dos correspondentes seguros.
  8.  A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos en relación coas funcións da súa competencia.
  9.  En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Fianzas e Xestión de Tributos Locais, ao cal lle corresponderá o exercicio das seguintes funcións:
  1. A administración e xestión directa, ou mediante concertos, das fianzas legalmente establecidas nos supostos de alugamento de vivendas e locais de negocio e contratos de subministración.
  2. A aplicación da normativa reguladora en materia de depósitos de fianzas. c) A proposta das actuacións inspectoras en materia de depósitos de fianzas.
  3. A coordinación da xestión de pagamento do IBI e o resto dos tributos locais que gra- van os bens de titularidade do IGVS.
  4. A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos, nos diversos procedementos en relación con estas funcións.
  5. A coordinación e a proposta de mellora dos sistemas de xestión e dos programas in- formáticos da dirección técnica.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
  Servizo de Réxime Xurídico e Inspección. Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. Planificar, coordinar e, de ser o caso, efectuar as inspeccións de ocupacións, usos e transmisións nas vivendas de promoción pública e locais propios do IGVS.
  2. A inspección para verificar o cumprimento da normativa reguladora do uso e transmi- sión das vivendas protexidas.
  3. Coordinar as actuacións que procedan en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas.
  4. Efectuar as inspeccións relativas aos impagamentos de vivendas de promoción públi- ca e coordinar coas áreas provinciais os expedientes de resolución de contratos e desafiu- zamentos. Realizar requirimentos en reclamación do cobramento de débedas.
  5. Xestionar os expedientes de execucións hipotecarias que se produzan por impaga- mento nas vivendas de promoción pública.
  6. A programación, coordinación e seguimento das actividades de inspección relativas aos depósitos de fianzas para garantir o cumprimento da súa normativa reguladora.
  7. O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos inter- postos contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
  8. Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como impulsar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
  9. Calquera outra que, en materia de inspección, lle asigne a normativa de aplicación relativaás competencias propias do IGVS ou que lle sexa encomendada de acordo con estas funcións.
 

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

PLAN SECTORIAL GALEGO

         O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a impulsar unhas medidas orientadas especialmente a dispor do solo adecuado e suficiente para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de promoción e protección pública, de acordo coas necesidades da población ….