Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA SOMETE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DAS GÁNDARAS, EN LUGO

• O cambio permitirá adaptar as parcelas ás necesidades e á demanda actuais

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020-. A Xunta de Galicia modificará o proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (Lugo) para adaptalo ás necesidades e á demanda actual das empresas. Con ese fin, a modificación sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, segundo o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

A modificación puntual do proxecto sectorial regulará, fundamentalmente, os seguintes aspectos:

• Cambios na distribución das parcelas en función da súa superficie, incrementándose as de menor dimensión, que son as máis demandadas
• Previsión do uso de almacenaxe ao aire libre no interior das parcelas.
• Regulación dos sinais publicitarios.
• Axustar condicións de acercamento de naves.
• Axustar o contido dos estudos de detalle que se requiren en determinadas parcelas.
• Incrementar as alturas, do muro macizo e total, da norma reguladora dos cerramentos de parcelas.
• Acomodar as ordenanzas de equipamentos e de zonas verdes ao establecido polo PXOM de Lugo.
• Cambio de localización dun tanque de tormentas e regulación da implantación de casetas para seguridade.