Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA INICIA O PROCESO DE ADXUDICACIÓN DE CINCO VIVENDAS PROTEXIDAS REHABILITADAS POLO CONSORCIO DO CASCO VELLO DE VIGO

- Estes inmobles sortearanse entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda
- Os interesados contan con quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no sorteo
- O Consorcio do Casco Vello de Vigo xa rehabilitou 104 vivendas e 32 locais de negocio e prevé chegar ás 150 vivendas rehabilitadas antes de 2024

 

Santiago, 18 de decembro de 2017.- A Xunta iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, no que poderán participar todos os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra.

 

Os interesados nesta adxudicación dispoñen de quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude na resolución de inicio do sorteo, na seguinte web: http:// goo.gl/oo23Rx

 

As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:

 

Emprazamento

Características das vivendas

Prezo de venda €

Subida á Costa 5-1º

69,11 m². 2 dormitorios

114.031,50

Subida ao Castelo 12

77,05 m². Baixo+semisoto. 2 dormitorios

125.206,25

Subida ao Castelo 12

75,55 m² Baixo+semisoto. 2 dormitorios

122.768,75

Subida ao Castelo 12

55,77 m². B aixo+1ª planta. 1 dormitorio

94.809,00

Subida ao Castelo 12

55,72 m². Baixo+1ª planta. 1 dormitorio

94.724,00

 

A Xunta prevé que cando remate a execución do novo plan de actuación 2018-2024 do Consorcio Casco Vello de Vigo estean rehabilitadas un total de 150 vivendas do Casco Vello de Vigo, que ata o de agora leva investidos preto de 40 millóns de euros e prevé investir outros 15,5 millóns ata 2024. Actualmente son xa 104 as vivendas rehabilitadas, así como 32 locais de negocio, emprazados nun total de 58 edificios.

 

O financiamento do Consorcio procede das achegas dos socios do mesmo (Xunta, 90%, Concello, 10%), que superan os 30 millóns de euros (máis de 27 aportados polo Goberno galego) e dos ingresos resultantes da venda e alugueiro de vivendas e locais.

 

No pasado mes de outubro o Consello da Xunta de Galicia autorizou unha nova achega do Goberno galego ao Consorcio, por importe de 800.000 euros, prorrogando así o financiamento do CCVV.

 

A actuación directa do Consorcio vese complementada coas axudas concedidas aos propietarios de vivendas a través da Área de rehabilitación integral do casco vello de Vigo, declarada en 1997. Nos quince convenios de financiamento asinados desde entón pola Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello puxéronse a disposición máis de oito millóns de euros, dos que so executaron 4,5 millóns, estando en fase de execución 610.000. Ademais, no reparto de fondos aprobado pola Consello da Xunta o pasado 11 de outubro á ARI do casco vello correspóndelle outros 651.106 euros.

 

Sumados os investimentos xa realizados e os previstos polo Consorcio aos efectuados polos Rexistros e os particulares beneficiarios de axudas da ARI, así como os previsto na futura sede da universidade no Berbés, o investimento na rehabilitación do casco vello de Vigo rolda os 100 millóns de euros.