Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ADXUDICOU AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE TRES INMOBLES DO CASCO VELLO DE BETANZOS POR IMPORTE DE PRETO DE 1,1 MILLÓNS DE EUROS

- Trátase dos edificios emprazados nos número 9 e 13 da rúa da Cerca e do número 13 da rúa Venela de Clérigos

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017.-
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou a execución de tres obras de rehabilitación, que comezarán a finais deste verán, doutros tantos inmobles, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no casco vello de Betanzos.

As obras de rehabilitación dos inmoble emprazado na rúa Venela de Clérigos 13 foi adxudicado esta semana, mentres que a finais da semana pasada se adxudicaron as correspondentes aos inmobles dos número 9 e 13 da rúa da Cerca. O investimento total será de case 1.1 millóns de euros e obteranse seis vivendas e tres locais comerciais unha vez efectuada a rehabilitación dos inmobles.

Venela de Clérigos 13
Neste inmoble obterase, unha vez rehabilitado, unha vivenda e un local comercial no baixo. A obra foi adxudicada por importe de 175.289,66 euros e un prazo de execución de un ano a contar dende o inicio das obras.

Cerca 9
As obras de rehabilitación do edificio emprazado na rúa Cerca 9 permitirán obter un local comercial na planta baixa e dúas vivendas. A obra adxudicouse por importe de 380.380 euros e un prazo de execución de un ano.

Cerca 13
Polo que respecta ao edificio da rúa Cerca 13, a rehabilitación dará lugar a tres vivendas e un local comercial. A obra adxudicouse por importe de 509,327,79 euros e un prazo de execución de un ano.

O Goberno galego é propietario doutras sete edificacións no caso vello de Betanzos, en cuxos proxectos de rehabilitación se está traballando na actualidade.