Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ENTREGA DÚAS VIVENDAS EN VIGO E MARÍN A AFECTADOS POR DESAFIUZAMENTOS

§  No que vai de ano xa se adxudicaron directamente 14 vivendas a familias en graves dificultades

§  Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta xa foron atendidos máis de 1.150 casos en toda Galicia

 

Santiago, 24 de febreiro de 2016 .- Dúas novas familias afectadas por graves dificultades dispoñen xa das vivendas adxudicadas pola Xunta de Galicia tras asinar os seus contratos de alugueiro esta mesma semana.

 

As vivendas adxudicadas emprázanse en Vigo e Marín e foron cedidas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por Sareb e Abanca para destinalas ao alugueiro social. A última das vivendas adxudicouse en Marín ao non dispoñer o IGVS de máis vivendas en Vigo.

 

Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia continúa ofrecendo unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a 14 familias en vivendas propiedade do IGVS (5 casos) ou cedidas por Abanca e Sareb. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.150 casos en toda Galicia.