-
O IGVS investiu máis de 9,3 millóns de euros na rehabilitación completa do poboado.
-
O proceso comezou no ano 2000 coa adquisición polo IGVS dos terreos e edificacións do
poboado.
-
A rehabilitación realizouse en dúas fases. A primeira afectou aos edificios de vivendas e a
segunda aos edificios complementarios.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo cederá as escolas, igrexa e cine do poboabo mineiro de
Fontao ao concello de Vila de Cruces para destinalos a usos públicos, segundo acordou o Consello da
Xunta de Galicia na súa reunión de hoxe. A cesión realizarase sen custe para o concello.
Coa cesión, os locais resultantes da rehabilitación das antigas escolas do poboado mineiro,
así como o antigo cine e a igrexa pasarán a depender do concello de Vila de Cruces, que prevé
destinalos a distintos usos culturais e sociais.
Na antiga igrexa de Fontao o concello prevé a instalación do Museo Mineiro e unha sala de
exposición, mentres que as aulas das antigas escolas se destinarán ás asociacións de veciños da
parroquia e usos administrativos, formativos e exposicións. Finalmente o local do antigo cine
servirá para a celebración de eventos culturais ou musicais e sala polivalente.
Con anterioridade, en xaneiro de 2005, o concello xa recibirá a cesión gratuíta dos terreos do
poboado non ocupados polas edificacións, como son os viais, zonas verdes, prazas de aparcamento,
etc.
Con esta cesión complétase a rehabilitación do poboado mineiro de Fontao, que o IGVS iniciou
coa adquisición do mesmo no ano 2000, procedendo á redacción dun Plan especial para a súa
recuperación, que foi aprobado definitivamente en xuño de 2002. En total o poboado mineiro ocupa
unha superficie de máis de 30.000 metros cadrados.
As obras de rehabilitación realizáronse en dúas fases. Na primeira das mesmas procedeuse á
rehabilitación dos edificios destinados a vivendas e meirande parte das obras de urbanización. Do
proceso de rehabilitación xurdiron 79 vivendas, que foron calificadas de promoción pública e
adxudicadas en réxime de alugueiro con opción de compra.
A segunda fase da rehabilitación destinouse á recuperación dos edificios da antiga igrexa,
cine e escolas, que agora se entregan ao concello. Tamén se mellorou a urbanización do poboado coa
modificación do alumeado público, o acondicionamento de espazos públicos non urbanizados na
primeira fase, instalación de mobiliario urbano, acondicionamento da praza do cinema e incremento
de prazas de aparcamento. O importe das obras desta segunda fase esta coofinanciado pola unión
europea a través dos fondos FEDER.
En total, o Instituto Galego da Vivenda e Solo investiu na rehabilitación do poboado mineiro
de Fontao máis de 9,3 millóns de euros, segundo o seguinte detalle:
|
ACTUACIÓN
|
EUROS
|
|
Adquisición dos terreos e edificios
|
940.485,16
|
|
Rehabilitación dos edificios de vivendas
|
5.496.243,30
|
|
Obras de urbanización do contorno das vivendas
|
666.946,47
|
|
Rehabilitación dos edificios dotacionais e mellora da urbanización existente
|
1.992.670,78
|
|
Equipamento dos edificios dotacionais
|
212.151,83
|
|
TOTAL
|
9.308.497,54
|