Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A Xunta Licita por 146.000 € os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico de Ribadavia

- Trátase dos situados na praza García Boente 1 e na praza de San Xoán 3, adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro do programa Rexurbe

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021.- A Xunta de Galicia licita por un total de preto de 150.000 euros os proxectos de rehabilitación de dous inmobles do centro histórico do concello de Ribadavia.

Trátase dos emprazados na praza de San Xoán 3 e na praza García Boente 1, que foran adquiridos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por un importe de 238.000 euros, ao abeiro do programa Rexurbe.

Agora, a plataforma de contratos da Xunta publicou a licitación da redacción dos dous proxectos e dirección das obras para a rehabilitación, por un importe de 97.302,17 euros no caso do inmoble da praza García Boente e de 48.688,45 euros o da praza de San Xoán.

Estas actuacións sumaranse a outras en marcha neste concello, como é a que se levará a cabo no inmoble da rúa Cervantes 16, cuxo proxecto de recuperación foi licitado por un importe de 26.659,97 euros e do que na actualidade se está a traballar na súa adxudicación.

Ademais, o Instituto Galego de Vivenda e Solo prevé adquirir varios inmobles máis no marco da oferta pública de adquisición do Rexurbe realizada este mesmo ano.