• En total adxudicáronse 11 parcelas en seis parques empresariais
• Dende 2015 adxudicáronse máis de 2 millóns de metros cadrados en compravenda ou dereito de
superficie
• As bonificacións dos prezos de venda dende 2015 aproxímanse ao 48 millóns de euros
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019.- A Xunta de Galicia adxudicou hoxe un
total de 27.218 metros cadrados de solo empresarial en seis parques empresariais, con bonificacións
por importe de máis de 1,1 millóns de euros.
As adxudicacións de solo por parte da empresa pública Xestur realizáronse nos parques
empresariais da Sionlla (Santiago de Compostela), Bértoa (Carballo) e Ortigueira na provincia da
Coruña. E tamén nos das Gándaras (Lugo), Pereiro de Aguiar (Ourense) e Lalín (Pontevedra).
O prezo total das parcelas adxudicadas á empresas vinculadas á actividade metalúxica,
madereira e da alimentación é de 1.987.511,26 euros, despois de descontar a bonificación por
importe de 1.161.200,86 euros.
Grazas ás bonificacións aplicadas sobre o prezo de venda, dende
2015 a Xunta de Galicia adxudicou en compravenda ou dereito de superficie máis de 2.000.000 de
metros cadrados de solo nos parques promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e a empresa
pública Xestur.
As bonificación aplicadas no prezo de venda neste período
aproxímanse aos 48 millóns de euros, mentres que o valor das parcelas adxudicadas en dereito de
superficie supera os 13,6 millóns de euros. Deste xeito, a aposta da Xunta de Galicia por
incentivar a actividade das empresas galegas pola vía do estímulo á adquisición de solo traduciuse
en preto de 62 millóns de euros dende 2015.
PARQUE
|
Nº PARCELAS
|
SUPERFICIE m
2
|
PREZO DE VENDA €
|
IMPORTE BONIFICACIÓN €
|
A Sionlla
|
4
|
12.199
|
1.303.803,20
|
558.772,80
|
Bértoa
|
3
|
4.651
|
183.588,06
|
183.588,06
|
Ortigueira
|
1
|
1.378
|
41.340,00
|
41.340,00
|
As Gándaras
|
1
|
5.096
|
242.060,00
|
242.060,00
|
Pereiro de Aguiar
|
1
|
1.862
|
74.480,00
|
74.480,00
|
Lalín
|
1
|
2.032
|
142.240,00
|
60.960,00
|
TOTAL
|
11
|
27.218
|
1.987.511,26
|
1.161.200,86
|
O investimento estimado que realizarán as empresas
adxudicatarias de solo bonificado ou en dereito de superficie ascende a máis de 375 millóns de
euros e grazas a el calcúlase que se posibilitará a creación de máis de 6.100 postos de
traballo