Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

MEDIO AMBIENTE ABONARÁ NO MES DE XUÑO MÁIS DE 1,6 MILLÓNS DE EUROS POLAS EXPROPIACIÓNS DE BENS E DEREITOS DA PLISAN

• O pagamento realízase pola incorporación ao proxecto de expropiación dos recursos mineiros e a valoración do solo non urbanizable de núcleo rural
• O importe a pagar corresponde ás 366 fincas que lograron unha valoración positiva

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019-.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pagará máis de 1,6 millóns de euros pola expropiación de bens e dereitos destinados ao desenvolvemento da Plataforma Loxística-Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN). Con esta finalidade o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se cita aos titulares das propiedades e dereitos afectados.

O pago realizarase despois de que a mediados de abril se aprobara definitivamente a modificación parcial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, da Plisan, un paso necesario para a inclusión na relación de bens e dereitos afectados da eliminación do aproveitamento potencial dos recursos mineiros, así como para a valoración do solo non urbanizable de núcleo rural.

A sinatura das actas de pagamento e ocupación de bens e dereitos realizarase no Concello de Salvaterra de Miño en tres quendas. A primeira delas desenvolverase entre o 12 e o 14 de xuño, a segunda, do 19 ao 21 do mesmo mes, e a terceira e última, entre os días 26 e 27.

En total, a Xunta de Galicia abonará 1.661.433 euros correspondentes ás 366 fincas cuxa valoración foi positiva.