Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

A XUNTA ENTREGA AS CHAVES DUNHA VIVENDA ADXUDICADA EN RÉXIME DE ALUGUEIRO SOCIAL NA ESTRADA

§  A vivenda, cedida por Abanca, foi adxudicada en alugueiro social a unha familia en situación de especial necesidade

 

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017 .- A Xunta de Galicia entregou hoxe, despois de asinar o contrato, as chaves dunha vivenda emprazada na localidade pontevedresa da Estrada a unha familia en situación de especial necesidade. A adxudicación realizouse en réxime de alugueiro social.

 

A vivenda foi cedida por Abanca á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, dependente da consellería de Infraestruturas e Vivenda, con destino a alugueiro social.

 

No que vai de 2017 xa se realoxou a 37 familias en vivendas propiedade do Executivo autonómico ou cedidas por Abanca, Sareb, CaixaBank e Banco Sabadell. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.