Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Sala de Comunicacion » Detalle dunha nova

O IGVS INICIARÁ EN 2010 A CONSTRUCIÓN DE 20 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN COIRÓS (A CORUÑA), NAS QUE INVESTIRÁ MÁIS DE TRES MILLÓNS DE EUROS

-     A redacción do proxecto de execución e a construción das vivendas foi adxudicada á empresa Construcciones Angel Jove, S.A por importe de 2.684.961,123 de euros máis IVE , ao que hai sumar 565.839,07 euros destinados a urbanización.

-     O anteproxecto prevé vivendas unifamiliares pareadas de 3 dormitorios.

Santiago, 29 de decembro de 2009.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciará en 2010 a construción de 20 vivendas de promoción pública en Coirós (A Coruña), unha vez que xa foi adxudicado o contrato para a redacción do proxecto de edificación e a construción das vivendas. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones Angel Jove, S.Apor importe de 2.684.961,13 euros máis IVE e un prazo de execución de 20 meses. O primeiro traballo que deberá realizar a adxudicataria é a redacción do proxecto. As obras de construción iniciaranse unha vez que o proxecto que se redacte reciba a aprobación técnica do IGVS.

O anteproxecto prevé a edificación de 20 vivendas unifamiliares pareadas, que contarán todas elas con tres dormitorios e 90 metros cadrados de superficie útil.

As edificacións non superarán as dúas plantas de altura e non contará con sotos nin con instalacións comúns que requiran o mantemento por parte dunha comunidade de propietarios.

Prevense acabados con parqué de maneira na pranta baixa e nos dormitorios, carpintería de aluminio lacado con rotura de ponte térmica, calefacción individual por gas con paneis de captación de enerxía solar na cuberta

Urbanización

Polo que respecta ás obras de urbanización dos terreos nos que se construirán as vivendas, foron adxudicadas á empresa Arias Hermanos por un importe de 516.328,79 euros máis IVe e un prazo de execución de 12 meses.

A obra de urbanización abrangue a urbanización dos terreos e acceso ás parcelas onde se emprazarán as vivendas, coa apertura de viais, pavimentación dos mesmos e dotación dos servizos necesarios para as vivendas.

O ámbito de actuación comprende un total de 14.454 metros cadrados, dos que 6.978 estarán ocupados polas parcelas nas que se construirán as vivendas e o resto corresponde aos viais, aparcamentos, beirarrúas e demais instalacións urbanas.