Estás en ... Inicio » Axudamoste » Todas as axudas

Axuda

Autopromoción de vivenda protexida

Tipo: Autopromoción

Descrición:

¿Que é a autopromoción?

Autopromoción é cando o propietario realiza a construción da súa propia vivenda. O Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante IGVS) impulsa a autopromoción de vivendas de protección autonómica, mediante a concesión de axudas económicas .

¿Qué debe indicar na súa solicitude? Debes indicar que solicita:

1) A declaración provisional  de vivenda de protección autonómica para a vivenda que pretende construír, tendo en conta que, dependendo dos seus ingresos, hai 3 tipos de rexímenes de vivendas.

  • Réxime especial. Se ten ingresos que non exceden de 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
  • Réxime xeral. Se ten ingresos que non exceden de 4,5 veces o IPREM.
  • Réxime concertado. Se ten ingresos que non exceden de 6,5 veces o IPREM.

 

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :

Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casiñas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido e no caso dos ingresos mínimos sumarase tamén o importe da casiña 17.

Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.

Nunha ficha aparte atopará a táboa de ingresos máximos

 

2) As axudas estatais.

¿Onde se presenta a solicitude?

Unha vez cuberta a solicitude xunto coa documentación requirida pode  enviala a través de:

  • Os rexistros de calquera órgano administrativo da administración xeral do Estado, das Comunidades Autónomas, da Administración Local se subscribira o oportuno convenio
  • As oficinas de correos.
  • As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

Hai que ter en conta o seguinte:

O prezo máximo da vivenda será o valor da edificación sumado ao do solo que figure na declaración de obra nova e incluirá os pagos que sexan imputables ao custe da vivenda, por ser precisos para levar a cabo a promoción e a individualización física e xurídica desta.

Se entenderán por gastos necesarios: os honorarios de xestión, os de escrituración e inscrición do solo, os de declaración de obra nova e división horizontal, así como os do préstamo hipotecario, seguros de percepción de cantidades a conta e outros análogos.

TIPOS DE AXUDA QUE PODE PERCIBIR

ESTATAIS

COMUNIDADE AUTÓNOMA

1º. Préstamo convido

Subvencións

2. Subsidiación

 

3. Axudas Estatal Directa á Entrada (AEDE)

 

 

 

Debe saber que:

Só poderá obter finaciamento para 90m2  de vivenda, e para 8m2 de rocho e 25m2 de garaxe ou anexo.

O dereito ao préstamo obtense coa declaración provisional da vivenda como protexida  e poderá ter un período de carencia que rematará na data da cualificación definitiva da vivenda e como máximo aos 4 anos da formalización do préstamo.

Para acollerse as axudas da Subsidiación, da Axuda Estatal Directa á Entrada (AEDE) e da Comunidade Autónoma é necesario:

  • Ter a cualificación provisional da vivenda protexida de réxime especial ou xeral.
  • Te formalizado o préstamo convido.
  • Non pode ter sido propietario/a dunha vivenda salvo que fora privado do seu uso por causas que non lle fosen imputables, ou cando o valor da vivenda de acordo co Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 25% do prezo da vivenda que pretendes construír. Son excepcións deste suposto os seguintes casos:
  •  As mulleres vítimas de violencia de xénero.
  •  As vítimas do terrorismo.
  •  As persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.

 

1) O préstamo convido

Pode solicitar directamente o préstamo a calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda.

A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do valor conxunto da edificación e do solo que constara na escritura de declaración de obra nova co límite de 90 metros cadrados para a vivenda, 25 metros cadrados para o garaxe ou anexo e 8 metros cadrados para o rocho.

O tipo de xuro será fixo ou variable, a elección do promotor.

O préstamo non terán comisión ningunha.

Estará garantido con hipoteca.

Prazo de amortización do préstamo: 25 anos como mínimo pero poderá ser obxecto de amortización anticipada. Poderá ter un período de carencia de 4 anos como máximo

2) A subsidiación do préstamo convido:

¿Qué é a subsidiación?

Consiste nun desconto da cota mensual do préstamo convido, que se concederá por un período inicial de 5 anos. Poderá ser renovado durante outro período de igual duración.

¿Quen pode obter a subsidiación?

Os promotores para uso propio de vivendas protexidas de nova construción de réxime especial ou xeral, que obtiveran o préstamo convido.

A subsidiación terá lugar cando se inicie a amortización do préstamo.

No cadro seguinte podemos ver as contías da subsidiación por cada fracción do préstamo de 10.000 euros:

 

Ingresos dos adquirentes

(Número de veces o IPREM)

Subsidiación xeral

(Euros por cada  10.000€ de préstamo)

Subsidiación se está nalgún  destes supostos (euros por cada 10.000€ de préstamo):

  • Familias numerosas.
  • Familias monoparentais con fillos.
  • Persoas dependentes, con     discapacidade   recoñecida e familias que   os teñan ao cargo.

Menor ou igual a 2,5

155

155

Entre 2,5  e 3,5

80

113

Entre 3,5 e 4,5

60

93

 

 

3) Axuda Estatal Directa a Entrada (AEDE)

Esta contía farase efectiva mediante un pago único, polas entidades financeiras no momento de formalización da hipoteca.

A obtención da AEDE requirirá que a contía do préstamo convido non sexa inferior ao 60% do prezo da vivenda e que esta contía non se reduza por debaixo de dita porcentaxe durante os 5 primeiros anos do  período de amortización.

En caso contrario, terá que reintegrar as contías percibidas en concepto de subsidiación e a AEDE incrementadas cos xuros de demora.

A contía da axuda dependerá das circunstancias persoais e familiares e non serán acumulables entre si, unicamente se percibirá a máis elevada das que corresponda

 

Ingresos dos adquirintes (Número de veces o IPREM)

Contías xerais da axuda

Xóvenes menores  de 35 anos

Familias numerosas.

Familias monoparentais con fillos.

Persoas dependentes, con discapacidade recoñecida e familias que os teñan ao seu cargo.

Mulleres víctimas de violencia de Xénero.

Víctimas de terrorismo.

Persoas separadas ou divorciadas ao corrente de pensións alimenticias ou compensatorias

Menor ou igual a 2,5

8.000€

9.000€

12.000€

11.000€

Entre 2,5  e 3,5

7.000€

8.000€

10.000€

9.000€

Entre 3,5 e 4,5

5.000€

6.000€

8.000€

7.000€

En concellos comprendidos no Ámbito territorial de prezo máximo superior  a contía das axudas incrementarase en 300 euros

 

 

AXUDAS COMUNIDADE AUTÓNOMA :

Pode solicitar as axudas da Comunidade Autónoma cando estea aberta a convocatoria anual mediante o modelo de solicitude que aparece na paxina web e que tamén pode obter nas oficinas de información do IGVS e achegando a documentación que se indica.

 

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

  • Unidades familiares con ingresos que non excedan de 2,5 veces IPREM.
  • Con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM:
    • Persoas que acceden por 1ª vez a unha vivenda.
    • Xóvenes menores de 35 anos.
    • Persoas maiores de 65 anos.
    • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • Vítimas do terrorismo.
    • Afectados por situacións catastróficas.
    • Familias numerosas de menos de 5 fillos.
    • Familias monoparentais con fillos.
    • Persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
    • Persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias e compensatorias.
  • Familias numerosas de 5 ou máis fillos
  • Persoas con ingresos que non excedan de 1,5 veces IPREM nos casos seguintes:
  • Persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
  • Emigrantes retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade.

2.000€

4.000€

Axuda do 25% do prezo da vivenda co límite de 17.000€

Se acredita pertencer a máis dun destes colectivos a subvención será de 2000€ por cada circunstancia.

Subvencións non acumulables

Subvencións acumulables entre si e ás do Estado

 

 

Réxime legal das vivendas

Destino. A vivenda deberá destinarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.

Duración. O réxime de  protección das vivendas estenderase como mínimo por 30 anos.

 

Transmisión da propiedade :

Non poderá transmitir a propiedade da vivenda ata que transcorran polo menos 10 anos desde cualificación definitiva.

Transcorridos 10 anos desde a cualificación definitiva, a transmisión da vivenda provocará que o préstamo perda a condición de convido e que a entidade de crédito poda resolvelo.

A venta destas vivendas so poderá efectuarse a persoas que cumpran cos requisitos establecidos e por un prezo máximo fixado polo IGVS.

As vivendas estarán sometidas ós dereitos de adquisición preferente, tanteo e retracto da administración.

Teléfonos de axuda e direccións de interese :

Teléfonos de Información: 902 100 054 - 988 391 622

Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.xunta.es

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

A CORUÑA

Área Provincial do IGVS.

Praza de Luis Seoane, s/n

15008 A Coruña.

Teléfono de Información: 981 182 347

 

LUGO

Área Provincial do IGVS.

Avda. Ramón Ferreiro, 28

27002 Lugo.

Teléfono de Información : 982 294 602

 

PONTEVEDRA

Área Provincial do IGVS.

Rúa Alcalde Hevia,7

36071 Pontevedra.

Teléfono de Información: 986 805 610

 

OURENSE

Área Provincial do IGVS.

Rúa Sáenz Díez, 1

32003 Ourense

Teléfono de Información :988 386 271

 

SERVIZOS CENTRAIS

Area Central, s/n Polígono de Fontiñas

15781 Santiago de Compostela

981 541 982

 

O prezo  máximo da vivenda non pode superar os prezos por m2 de superficie útil indicados nunha ficha aparte.


Requerimentos:

Para acceder ás axudas para autopromoción de vivenda protexida será preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha  vivenda suxeita a protección pública en España.
  • Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas  que non lle fosen imputables ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma  determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais exceda do 40% do prezo da vivenda que pretende construír.

 

Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:

  • Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao cargo.
  • Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas o corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismo.
  • Que resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
  • Non obtivera axudas financieiras nin préstamo convido para o mesmo tipo de actuación durante os dez anos anteriores a solicitude actual (non terán que cumprir este requisito as persoas separadas ou divorciadas ás que non se lles adxudicara a vivenda familiar, as mulleres vítimas de violencia de xénero, as vítimas do terrorismo, as persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo).
  • Obter a cualificación definitiva de vivenda protexida.
  • Dispoñer duns ingresos mínimos de 0,7 veces o IPREM. Nunha ficha aparte poderá ver a súa equivalencia en euros.
  • Non superar os Ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que constrúa: réxime especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral  4,5 veces IPREM e réxime concertado 6,5 veces IPREM.