Modalidades das vivendas
De renda básica, son vivendas cun prezo máximo legal de referencia por m2 de
superficie útil que non exceda de 1,60 veces o Prezo Básico Nacional (PBN) se están situadas en
municipios da zona xeográfica 1ª, de 1,45 x PBN, na zona 2ª e 1,84 x PBN en A Coruña Santiago de
Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo, con destino a inquilinos con ingresos familiares ponderados
que non excedan de 5,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM, ver táboa de
ingresos).
De renda concertada, son vivendas cun prezo máximo legal de referencia por
m2 de superficie útil que non exceda de 1,80 veces o Prezo Básico Nacional (PBN) se están situadas
en municipios da zona xeográfica 1ª, de 1,65 x PBN, na zona 2ª e 2,07 x PBN en A Coruña Santiago de
Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo, con destino a inquilinos con ingresos familiares ponderados
que non excedan de 6,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM, ver táboa de
ingresos).
En ambas modalidades, se a vivenda tivera garaxe ou rocho o seu prezo máximo legal de
referencia por m2 de superficie útil non poderá exceder do 60% do prezo máximo legal de referencia
da vivenda e poderán computarse como máximo 8 m2 de rocho e 25 de garaxe con independencia de que a
sua superficie real sexa superior.
En ambas modalidades os arrendatarios non poderán ser titulares do pleno dominio ou dun
dereito real de uso ou desfrute sobre outra vivenda de protección pública nin do dunha vivenda
libre na mesma localidade que a da vivenda en aluguer.
Duración minima do destino a aluguer
10 anos, neste caso a renda anual máxima inicial será o 5,5% do prezo máximo legal
de referencia tendo en conta o PBN vixente no momento da formalización do contrato de aluguer.
Cando sexan de renda básica , pasados os 10 anos, continuarán sendo protexidas durante 30
anos, salvo as de renda concertada e o arrendador poderá vendelas a compradores que cumpran os
requisitos para acceder ás vivendas usadas deste plan de vivenda e o prezo de venda será o das
vivendas do mesmo tipo que se declaren protexidas na mesma zona territorial no momento da
transmisión.
25 anos, neste caso a renda anual máxima inicial será o 4,5 % do prezo máximo
legal de referencia tendo en conta o PBN vixente no momento da formalización do contrato.
Pasados 10 anos as vivendas continuarán sendo protexidas durante 30 anos. O arrendador
poderá, non obstante, vender o 50% das vivendas da promoción ao prezo máximo legal de referencia a
compradores que cumpran os requisitos para poder acceder ás vivendas usadas deste plan, previa
autorización do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
En ambos casos terán preferencia para adquirir as vivendas os inquilinos que permaneceran
nelas alomenos 5 anos en aluguer.
Se o promotor ou titular ofrecera todas ou parte destas vivendas en réxime de alugueiro con
opción de compra, os inquilinos poderán exercer dita opción transcurridos 10 anos desde a
declaración definitiva, sempre que permaneceran ininterrompidamente durante, polo menos cinco anos
nas vivendas, podendo acollerse ás axudas para compra de vivenda usada.
Os titulares das vivendas protexidas en aluguer poderán, en calquera momento do período de
vinculación a dito réxime de uso, enaxenalas por promocións completas sen límite de prezo a
sociedades ou fondos de inversión inmobiliaria que teñan como obxecto social o aluguer de vivendas,
ou incluso por vivendas illadas a entidades sen animo de lucro e organismos públicos que inclúan no
seu obxecto social o aluguer de vivendas, previa notificación o Instituto Galego de Vivenda e
Solo.
En todo caso manterase a obriga de aterse ás condicións, compromisos, prazos e rendas máximas
propias destas vivendas.
Axudas
Préstamo, a 10 ou 25 anos de amortización e ata 4 anos de carencia ampliables a 10
como máximo previo acordo da entidade prestamista. A cotía máxima do préstamo será do 80% do prezo
legal de referencia .
Subsidiación, anual en euros por cada 10.000€ de préstamo:
|
Renda básica
|
10 anos
|
25 anos
|
|
295 €, do 1º ao 5º ano
177 €, do 6º ao 10º ano
|
263 €, do 1º ao 5º ano
205 €, do 6º ao 20º ano
|
|
Renda concertada
|
70 €, do 1º ao 5º ano
35 €, do 6º ao 10º ano
|
100 €, do 1º ao 5º ano
70 €, do 6º ao 20º ano
|
Subvencións.
-Para vivendas de renda básica con superficie útil que non exceda de
70 m2:
- Con período de amortización de 10 anos, 8.000 € por vivienda cun incremento de 1.000 €
cando a vivenda estivera en A Coruña , Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra ou Vigo.
- Con período de amortización de 25 anos, 11.000 € por vivienda cun incremento de 1.300 €
cando a vivenda estivera en A Coruña , Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra ou Vigo.
A proposta da Comunidade Autónoma o Ministerio de Vivenda poderá autorizar un anticipo do 50%
de subvención previa certificación do inicio das obras.
O anticipo poderá ser do 100% co compromiso de reducir a renda apercibir nun 1%.
As cantidades anticipadas deberán garantizarse mediante aval ou outros medios legais de
garantía que aseguren a súa devolución no caso de incumprimento, de non obtención da declaración
definitiva ou ausencia de certificación de fin de obra.