Estás en ... Inicio » Axudamoste » Todas as axudas

Axuda

Promoción de aloxamentos protexidos

Tipo: Promoción

Descrición:

A PROMOCIÓN DE ALOXAMENTOS PROTEXIDOS PARA COLECTIVOS ESPECIALMENTE VULNERABLES E OUTROS COLECTIVOS


¿Qué son os aloxamentos protexidos?


Son promocións que terán a condición de vivendas protexidas destinadas a ser arrendadas en favor de colectivos determinados por un período de 30 anos.
¿A que colectivos de persoas van destinados este tipo de aloxamentos? O promotor poderá elixir entre destinalos a colectivos especialmente vulnerables ou a colectivos específicos.


Colectivos especialmente vulnerables :


- As unidades familiares con ingresos que non excedan de  1,5 veces o IPREM.


-Os xóvenes menores de 35 anos e persoas maiores de 65 anos.


-As vítimas de terrorismo e da violencia de xénero.


-Os afectados por situacións catastróficas.


-As persoas dependentes ou con discapacidade e as familias que as teñan ao seu cargo.


-As persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago das pensións.


-As persoas sen fogar ou procedentes do chabolismo.


Colectivos específicos:


As persoas da comunidade universitaria ou investigadores e científicos.


¿Qué características teñen que ter este tipo de aloxamentos?


Deberán formar parte de edificios ou conxuntos de edificios destinados por completo a esta modalidade.


- A superficie útil de cada aloxamento será como mínimo de 40m2 cun máximo de 45m2 (un máximo do 25% dos aloxamentos de cada promoción poderá ter unha superficie útil máxima de 90m2.)


- Para os efectos do financiamento, a superficie útil protexida destinada a servizos comúns ou asistenciais das persoas aloxadas, que deberán estar integradas no propio edificio ou conxunto de edificios, non poderá exceder do 30% do total da superficie útil dos aloxamentos con independencia de que a superficie real sexa superior.


-Tamén poderán estar protexidas as prazas de garaxe vinculadas aos aloxamentos(a súa superficie útil máxima computable será de 25m2).


¿Cales son as condicións de uso e xestión deste tipo de aloxamentos?


- Réxime de ocupación: Será o arrendamento, a cesión temporal de uso ou autorizacións de permanencia.


- Destino dos aloxamentos: Que sexan ocupados por persoas integradas no colectivo aos que van dirixidos.


- Rendas e financiamento:


-Colectivos especialmente vulnerables . Terán o mesmo réxime de financiación  que os promotores de vivendas protexidas para alugueiro a 25 anos de réxime especial.


-Colectivos específicos. Terán o mesmo réxime de financiamento que os promotores de vivendas protexidas para o alugueiro por 25 anos de réxime xeral .


A prestación dos servizos comúns ou asistenciais: Poderá supor un incremento da renda do aloxamento ata o máximo correspondente a vivenda protexida para alugueiro a 25 anos de réxime concertado.

 

Cadro de prezos de rendas por m2 útil

Prezos dos aloxamentos con servizos comúns e asistenciais

Aloxamentos
protexidos    

*Zona territorial

Prezo m2 Vivenda

Prezo m2  garaxe

Prezo m2 Vivenda

Colectivos Vulnerables

zona 2

3,70 €

2,22 €

4,69 €

zona 1

4,26 €

2,56 €

5,12 €

ATPMS

4,92 €

2,95 €

6,65 €

Colectivos Especifícos

zona 2

4,12 €

2,47 €

4,69 €

zona 1

4,55 €

2,73 €

5,12 €

ATPMS

5,23 €

3,14 €

6,65 €

 


Requerimentos:

  Destinatarios

Colectivos especialmente vulnerables :

  • As unidades familiares con ingresos que non excedan de  1,5 veces o IPREM.
  • Os xóvenes menores de 35 anos e persoas maiores de 65 anos.
  • As vítimas de terrorismo e da violencia de xénero.
  • Os afectados por situacións catastróficas.
  • As persoas dependentes ou con discapacidade e as familias que as teñan ao seu cargo.
  • As persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago das pensións.
  • As persoas sen fogar ou procedentes do chabolismo.


Colectivos específicos:

  • As persoas da comunidade universitaria ou investigadores e científicos.