Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Axudas Explosión Pirotécnica
Axudas Explosión Pirotécnica

INCENDIOS 2017

AXUDAS EN MATERIA DE VIVENDA PARA DANOS CAUSADOS POLA EXPLOSIÓN DE MATERIAL PIROTECNICO EN TUI

 

Prevense dous tipos de axudas para os afectados pola explosión de material pirotécnico de Paramos (Tui):

  1. Axudas para aloxamento provisional.
  2. Axudas para gastos en vivendas danadas e no seu enxoval doméstico.

 

1. Aloxamento provisional

Axudas destinadas a custear os gastos de alugamento dunha vivenda para o aloxamento provisional das persoas que teñan que abandonar temporalmente as súas vivendas habituais.

Subvencionarase o custo mensual do alugamento da vivenda. A axuda manterase mentres a vivenda danada non recupere as condicións que permitan a súa ocupación. A duración máxima da axuda será de dous anos desde a formalización do contrato de alugueiro.

  • Importe máximo: 450 euros ao mes.

 

Ademais concederase unha axuda complementaria para o suposto da formalización dun contrato de alugamento, para efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións.

  • Importe máximo da axuda complementaria: 600 euros.

 

 

2. Reparación de vivendas danadas e o seu enxoval doméstico.

Establécense axudas destinadas a sufragar os gastos de:

  • Reposición e reparación dos danos nas vivendas e nas súas instalacións complementarias
  • Danos no  enxoval doméstico.

 

Poderán beneficiarse as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias das vivendas danadas pola citada explosión.

Actuacións subvencionables

  • Danos causados na vivenda que constitúa a residencia habitual e permanente dos seus moradores.
  • Danos causados nas restantes vivendas, que deberán dedicarse, cando menos, a residencia ocasional. Quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas ou que se atopasen en manifesto abandono antes da explosión.
  • Danos causados nas construcións anexas e instalacións complementarias da vivenda danada.
  • Entenderanse como instalacións complementarias as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar tales como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións, etc. sempre e cando estean localizados no mesmo predio da vivenda.
  • Danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade, cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións ou calquera outro sistema de cobertura de danos e sempre que os danos da vivenda sexan obxecto de subvención.

 

 

2.1. Danos na vivenda residencia permanente e habitual dos seus moradores

IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIÓN (Danos vivenda habitual)

Ruína ou rehabilitación de danos na vivenda

109.152 €

Danos no enxoval doméstico

Vivendas ruinosas

16.373 €

Vivendas a rehabilitar

100% dos gastos.

Límite 3.000 €

 2.2. Danos na vivenda que NON constitúa residencia permanente e habitual.

IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIÓN (Danos en vivenda non habitual)

Ruína ou rehabilitación de danos na vivenda

43.660,8 €

Danos no enxoval doméstico

Vivendas ruinosas

5.458 €

Vivendas a rehabilitar

40% dos gastos.

Límite 3.000 €

 3. Compatibilidade con outras axudas

As axudas da Xunta de Galicia serán compatibles con outras axudas e subvencións, así como coas indemnizacións percibidas dos seguros, ata o límite da renda do contrato de alugamento ou do 100% do valor de reposición da vivenda danada.

O importe da axuda será o valor dos danos causados na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

4. Trámites e procedemento

4.1. Solicitude e documentación.

- Presentación da solicitude de axuda segundo o modelo publicado no Diario Oficial de Galicia.

Documentación a presentar.

(Ver a relación completa no DOG do 7 de xuño de 2018)

- Aloxamento provisional. A necesaria para acreditar que a vivenda danada pola explosión constituía a súa residencia permanente e habitual.

- Danos en vivendas danadas e o seu enxoval doméstico. A necesaria para acreditar para acreditar a condición do solicitante de propietario, usufrutuario ou arrendatario da vivenda danada. Memoria valorada dos danos causados.

As actuacións poderán ser iniciadas con carácter previo á presentación da solicitude ou a resolución de concesión, sempre que se conserven fotografías e calquera outro documento que acredite o estado en que quedara a vivenda, as construcións auxiliares ou o enxoval por causa da explosión catastrófica de material pirotécnico.

4.2 Resolución da axuda polo IGVS

4.3 Pagamento da axuda. Se así se solicita, o pagamento das axudas poderá realizarase por anticipado, segundo o disposto na Orde, de tal xeito que os afectados non teñan que incorrer en ningún gasto.

4.4. Xustificación do gasto

Axudas concedidas no caso de ruína da vivenda, será necesario acreditar, por calquera medio admisible en dereito, a titularidade ou usufruto da vivenda previamente á concesión, acompañada da memoria valorada de reposición dos danos, sen prexuízo dos controis que se establezan para verificar este extremo.

Axudas para rehabilitación, logo da concesión da subvención, e realizado o gasto xustificarase mediante:

a) Memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas coas correspondentes facturas.
b) Fotografías que amosen as obras ou gastos realizados.
c) Copia de tres orzamentos no suposto de que o importe do gasto subvencionable da actuación supere a contía de 40.000 euros. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.