Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Axudas Incendios
Axudas Incendios

INCENDIOS 2017

AXUDAS PARA SUFRAGAR OS DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS ACONTECIDOS EN GALICIA OS DÍAS 14, 15 E 16 DE OUTUBRO DE 2017 EN MATERIA DE VIVENDA

 

Durante o mes de outubro de 2017, unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio da nosa comunidade autónoma nunha situación de extrema dificultade, que causou graves danos en diversos bens de titularidade pública e privada.

Co fin de proceder a adoptar medidas oportunas para a reparación dos danos producidos, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.(Diario Oficial de Galicia, núm. 200, do 20 de outubro).

Este decreto foi desenvolvido pola Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro (Diario Oficial de Galicia, núm. 206, do 30 de outubro).

Esta orde prevé dous tipos de axudas que serán tramitadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS):

  1. Axudas destinadas ao aloxamento provisional das persoas cuxas vivendas resultaron danadas polos referidos incendios (procedemento VI100A).
  2. Axudas a destinadas a sufragar os gastos en vivendas danadas e no seu enxoval doméstico causados polos citados incendios (procedemento VI100B).

A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as referidas axudas concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias.

 

 

1.- Axudas destinadas ao aloxamento provisional das persoas cuxas vivendas resultaron danadas polos incendios

 
OBXECTO
S ufragar os gastos de aloxamento provisional derivados da sinatura dun contrato de alugueiro nunha vivenda transitoria das persoas cuxas vivendas resultaron danadas polos incendios forestais acaecidos en Galicia os días 14,15 e 16 de outubro de 2017.
 
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas que, como consecuencia da acción dos incendios forestais citados, teñan que abandonar temporalmente as súas vivendas, sempre que estas vivendas constitúan a súa residencia habitual, xa sexa en concepto de propietaria, usufrutuaria ou arrendataria.
 
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
  • Subvencionarase o custo mensual do alugamento dunha vivenda para residencia provisional para a unidade de convivencia que habitaba a vivenda danada, en canto esta non recupere as condicións que permitan a súa nova ocupación e cunha duración máxima de dous anos, contados desde a formalización do contrato de alugueiro.
  • Ademais, concederase á persoa beneficiaria unha axuda complementaria para o suposto da formalización dun contrato de alugueiro, para efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións.
 
CONTÍA DAS AXUDAS
  • A subvención máxima da renda mensual non pode superar os seguintes importes:

    a) 450 €, para as vivendas situadas nos concellos incluídos na zona territorial I, de conformidade co anexo I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009 – 2012.

Os concellos incluídos na zona territorial I son os seguintes:

A Coruña, Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela e Teo.

Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ourense, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia

 

A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

  1. 400 €, para os restantes concellos de Galicia.

O importe da axuda complementaria para atender os gastos iniciais vinculados ao arrendamento da vivenda non poderá superar os 600 euros.

 

 2.- Axudas destinadas a sufragar os gastos en vivendas danadas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017.

 
OBXECTO
Sufragar os gastos e reparar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017.
 
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas danadas polos citados incendios forestais.
 
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
  • Danos causados na vivenda que constitúa a residencia habitual e permanente dos seus moradores.

     

  • Danos causados nas restantes vivendas. As vivendas deberán dedicarse, cando menos, a residencia ocasional, quedando excluídas destas axudas as edificacións ruinosas ou que se atopasen en manifesto abandono.

     

  • Danos causados nas construcións anexas e instalacións complementarias da vivenda danada, e os elementos comúns, na porcentaxe correspondente á súa vivenda, no caso de comunidades de propietarios.

     

    Entenderanse como instalacións complementarias as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar tales como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións,etc. sempre e cando estean localizados no mesmo predio da vivenda.

     

  • Danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade, cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións ou calquera outro sistema de cobertura de danos e sempre que os danos da vivenda sexan obxecto de subvención.
 
CONTÍA DAS AXUDAS
  • Danos causados na vivenda que constitúa a residencia habitual e permanente dos seus moradores.
O importe máximo das axudas neste caso poderá acadar o 100% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe de dita axuda poida superar o 75% do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.
IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIÓN (Danos vivenda habitual)
Vivenda protección autonómica réxime xeral
Zona territorial I
(subvención máxima)
Zona territorial II
(subvención máxima)
Vivenda Unifamiliar
(ata 120 mts)
109.152€ (75% do prezo máximo)
(Prezo máximo.1,212,80 módulo: 1212,80 *120 =145.536 €)
98.919€ (75% do prezo máximo)
(Prezo máximo.1099,10 módulo: 1099,10*120= 131.892 €)
Vivenda en edificio colectivo (ata 90 mts)
81.864€ (75% do prezo máximo)
(Prezo máximo 1212.80*90 = 109.152 €)
74.189,25€ (75% do prezo máximo)
(Prezo máximo 1099,10*90 = 98.919 €)
 
  • Danos causados no resto das vivendas.
O importe máximo das axudas neste caso poderá acadar ata o 40% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe de dita axuda poida superar o 40% do 75% do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.
IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIÓN (Danos en vivenda non habitual)
Vivenda protección autonómica réxime xeral
Zona territorial I
(subvención máxima)
Zona territorial II
(subvención máxima)
Vivenda Unifamiliar
(ata 120 mts)
43.660,8€
(40% do 75% do prezo máximo)
(Prezo máximo 1,212,80 módulo: 1212,80 *120 =145.536 €)
39.567,6€
(40% do 75% do prezo máximo)
(Prezo máximo 1099,10 módulo: 1099,10*120 = 131.892 €)
Vivenda en edificio colectivo
(ata 90 mts)
32.745,6 €
(40% do 75% do prezo máximo)
(Prezo máximo 1212.80*90 = 109.152€)
29.675,7 €
(40% do 75% do prezo máximo)
(Prezo máximo 1099,10*90 =
98.919 €)
  • Danos causados en construcións anexas e instalacións complementarias d a vivenda danada e en elementos comúns, na porcentaxe correspondente a cada vivenda, no caso de comunidades de propietarios.
A porcentaxe subvencionable neste suposto será do 100% do valor de reparación ou reposición (no caso de estaren asociadas á vivenda habitual danada), ou do 40% (no caso de vivenda ocasional), sen que en ningún caso, o importe máximo de axudas por este concepto supere os 3.000 euros.
  • D anos sufridos no enxoval doméstico.
O importe da axuda será ata o 100% dos gastos de reparación ou reposición (no caso de vivenda habitual) ou ata o 40% dos gastos de reparación ou reposición (no caso de vivenda ocasional).
En calquera caso o importe da subvención por este concepto non poderá superar os 3.000 €.
 
 
 
 
CADRO RESUME DAS AXUDAS MÁXIMAS DA ORDE CONXUNTA DO 27 DE OUTUBRO DE 2017 EN MATERIA DE VIVENDA
DANOS EN VIVENDAS
Reparacións ou reposicións da vivenda habitual
 
Zona territorial I
Zona territorial II
Vivenda Unifamiliar
109.152 €
98.919 €
Vivenda en edificio colectivo
81.864 €
74.189,25 €
Reparacións ou reposicións da vivenda NON habitual
 
Zona territorial I
Zona territorial II
Vivenda Unifamiliar
43.660,8 €
39.567,6 €
Vivenda en edificio colectivo
32.745,6 €
29.675,7 €
Construcións anexas e instalacións complementarias á vivenda
ATA 3.000 €
Enxoval doméstico
ATA 3.000 €
REALOXO EN VIVENDA DE ALUGUEIRO
Zona territorial I
Zona territorial II
Renda máxima Subvencionable
durante 24 meses
450,00€
400,00€
Axuda complementaria
ATA 600 €
 
 
 
 
 
  • Acceso as solicitudes de axuda (AÑADIR ENLACE CON LAS SOLICITUDES)

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.