Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Fondos Europeos » Presentación

FONDOS EUROPEOS

Presentación: Fondos europeos

Entre os Fondos Comunitarios do presuposto da UE revisten un papel moi significativo os denominados recursos estruturais. Estes recursos son os denominados Fondos Estruturais Europeos e tamén o Fondo de Cohesión.

Estes fondos atenden á finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados-membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) actualmente cofinancia con axuda destes fondos diferentes proxectos cuxos eixes principais se centran na eficiencia enerxética e a redución de emisións de carbono, relacionados cos eixes principais, das Directivas Europeas a través dos seguintes programas operativos:

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.