Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Calidade na edificación » Calidade na construción

SUBDIRECCIÓN DE HABITABILIDADE E CALIDADE DA EDIFICACIÓN

Control de calidade na edificación

As obrigas en canto á calidade na edificación veñen dadas polas directrices do Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación. Porén o impulso á calidade verase reflectida nunha futura Lei de Calidade.

As competencias do IGVS neste eido teñen a súa orixe na crecente preocupación, por parte de todos os axentes públicos e privados, pola calidade da edificación.  Neste sentido xa o Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación, obriga a que os proxectos de execución inclúan na súa memoria un anexo de control de calidade no que se recollan as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades de obra.

Tamén debe recoller o presuposto de control de calidade, sendo necesario acredita-la realización do dito control para a obtención do certificado final de obra. Así mesmo obrígase a contratar os servizos dun laboratorio acreditado que cumpra cos requirimentos de independencia e obxectividade fronte a calquera interese externo. Finalmente este mesmo Decreto otórgalle o IGVS a facultade inspectora, de oficina ou por instancia de parte, para calquera obra en execución dentro de Galiza.

O impulso á calidade na edificación verase reflectida nunha futura Lei de Calidade, que será unha das primeiras do Estado español, xa que ata o momento só dúas comunidades autónomas, Valencia e Murcia, e parcialmente Madrid, teñen desenvolvido algo equivalente. Esta lei recollerá a obriga de incorporar aos proxectos construtivos un anexo que recolla o Plan de Control da Calidade previsto para a obra sen o que non será posible a obtención da licenza municipal.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.