Orde
pola que se convoca á participación con actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no
ámbito dos Camiños de Santiago 1ª fase- Programa de Áreas de Rehabilitación Integral do Plan de
Vivenda e Rehabilitación 2009 – 2012.
Introdución
:
A
área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago declarouse o 17/12/2010 e o seu
ámbito inclúe aos sete camiños que discorren polo territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. O
seu ámbito específico figura no anexo I da orde de convocatoria.
As
axudas de esta convocatoria son compatibles, se son coincidentes as actuacións e os prazos de
solicitude e execución, co procedemento establecido no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se
regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución
de edificios e vivendas nos ámbitos rural, histórico e dos camiños de Santiago.
Esta
nova convocatoria ten como bases as recollidas no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se
establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da comunidade autónoma de Galicia e se
regula a xestión das previstas no RD 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 e
ademais terase en conta lo que estableza a Lei de subvencións de Galicia (Lei 9/2007)
Procedemento
:
|
Primeiro:
|
Solicitude de participación na convocatoria: solicitude de cualificación provisional de
actuacións protexibles, (nesta solicitude é fundamental expresar o tipo de obras e o seu prazo
previsto de execución, e para isto deberase ter en conta que a fin prevista deberá estar situada
nos anos 2012 ou 2013 que será o momento en que se pague a axuda).
Na
tramitación destas solicitudes terase en conta o orzamento que para cada ano se contempla na
convocatoria de axudas.
Coa
solicitude para obter a cualificación provisional das actuacións a realizar,
quen así o desexe, pode solicitar o recoñecemento a obter préstamo, para os efectos de xestionar un préstamo convido coas
entidades financeiras que asinaron convenio co Ministerio de Fomento.
O
préstamo concédese polo banco nas condicións do convenio asinado co Ministerio e a obtención do
préstamo ten incidencia na obtención da subvención posible.
Atenderanse todas aquelas solicitudes que se presenten no prazo aberto, que cumpran os
requisitos da convocatoria e ata o límite orzamentario previsto para cada anualidade (2012 e
2013)
|
|
Segundo:
|
Execución das actuacións de rehabilitación, de acordo coa cualificación
provisional.
|
|
Terceiro:
|
Solicitude de cualificación definitiva (rematadas as obras) e concesión de
subvención:
O
promotor das obras, unha vez terminadas e non máis tarde do transcurso dun mes dende a súa
finalización nin máis tarde do prazo outorgado na cualificación provisional, solicitará a
cualificación definitiva das actuacións e la concesión da subvención correspondente. Neste momento
presentará tamén as facturas das obras e os correspondentes documentos bancarios do seu
pagamento.
Para
o caso de que actuase como promotor das obras unha comunidade de propietarios, as solicitudes de
cualificación, xustificación das obras e o seu pagamento, presentaranse polo representante da dita
comunidade de propietarios e a solicitude da subvención (pola súa parte correspondente)
presentarase por cada unha das persoas físicas, membros da dita comunidade, que participaron nas
obras de acordo coa cualificación provisional outorgada.
|
Os
tres trámites inclúense nunha soa convocatoria, procedéndose a cualificar provisionalmente, só
aquelas actuacións para as que se teña dispoñibilidade financeira, de tal xeito que todos os
promotores que finalicen as obras e cumpran os requisitos establecidos no procedemento obterán as
axudas.
|
PASOS A SEGUIR
|
|
Solicitude de cualificación provisional de actuacións protexibles.
|
¿Quen?:
Poden solicitar as persoas físicas que promovan obras para rehabilitación, xa sexa
individualmente ou a través de comunidade de propietarios e que reúnan os requisitos establecidos
en canto a titularidade, destino da vivenda e, de selo caso, ingresos familiares.
¿Para que tipo de obras?:
As
recollidas no artigo 45.2 do RD 2066/2008, tanto para obras dentro da vivenda como para o exterior
(edificio).
¿Prazo?:
Dende a publicación da convocatoria ata o 1 de decembro de 2011
¿Solicitudes?:
Nos
modelos normalizados que se xuntan coa convocatoria.
Se o
promotor é unha comunidade de propietarios ademais deben entregar a relación de vivendas e
titulares que participarán na promoción.
|
|
As
actuacións que obteñan a cualificación provisional e executen as obras de acordo co establecido na
mesma poderán continuar o procedemento e obter, de reunir todos os requisitos da convocatoria, a subvención e o seu pago efectivo, en 2012 ou 2013 segundo prevexan a fin das
obras.
|
|
Solicitude do recoñecemento a obter préstamo convido, sen subsidiación.
|
Pode
pedirse coa solicitude de cualificación provisional, segundo o modelo oficial publicado como anexo
a orde.
Os
partícipes nunha comunidade de propietarios deberán presentala individualmente.
Unha
vez obtida a resolución, tramítase nas entidades financeiras acollidas ao plan de vivenda
2009-2012.
A suma do
préstamo obtido e da subvención concedida non poderá exceder do gasto subvencionable.
|
|
Solicitude de cualificación definitiva e concesión de subvención.
|
Debe
solicitarse unha vez finalizada a obra e non máis tarde dun mes dende a súa finalización nin do
prazo outorgado na cualificación provisional, nos modelos de solicitude anexos na convocatoria e
xuntando a documentación necesaria.
Se o
promotor foi unha comunidade de propietarios a cualificación definitiva e a xustificación das obras
e do pagamento faina o representante da comunidade e a solicitude de subvención faina cada unha das
persoas físicas, membro da comunidade de propietarios e que participaron nas obras, e que reúna os
demais requisitos da conocatoria.
|
|
REQUISITOS DOS PROMOTORES
|
|
Ingresos
|
Cando se trate da rehabilitación de elementos privativos dos edificios-vivendas os
ingresos familiares ponderados non poderán exceder de 6,5 veces o IPREM.
IPREM 2010:
7.455,14
|
|
Promotores e membros da unidade familiar
|
Persoas físicas. Poden actuar individualmente ou a través dunha comunidade de
propietarios.
Deben contar con titulo suficiente para poder actuar como promotor das obras.
Non
poden incorrer nas prohibicións establecidas no artigo 10 da lei 10/2007, de subvencións de
Galicia.
Deben estar ao corrente coas súas obrigas tributarias e sociais.
|
|
CONDICIÓNS DOS INMOBLES E DAS OBRAS
|
|
Situación
|
O
inmoble ten que estar no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago.
Coa
solicitude deberase xuntar un informe do concello no que se indique que a vivenda está situada no
ámbito específico.
|
|
Actuacións protexibles.
|
Obras no edificio: (Exterior)
Para mellora da
seguridade.
Para mellora da
estanqueidade.
Para mellora da
accesibilidade.
Para mellora da eficiencia enerxética.
Para utilización de
enerxías renovables.
Obras nas vivendas: (Interior)
Para mellora da
habitabilidade.
Para mellora da
seguridade.
Para mellora da
accesibilidade.
Para mellora da eficiencia enerxética.
|
|
Orzamento protexible.
|
O
importe das obras. Inclúense todos os gastos necesarios, menos gastos financeiros.
Límites:
Máximo:
Precio básico nacional por metro cadrado útil de vivenda (En 2011 = 758 euros)
Máximo
protexible 90 m
2
útiles por vivenda.
Mínimo: 1.000
euros por vivenda.
É
dicir, o máximo protexible para 2011 será 758 x 90 = 68.220 euros
|
|
Antigüidade.
|
Os
inmobles deberán ter como mínimo 10 anos.
|
|
Destino.
|
Debe
destinarse a domicilio habitual e permanente durante, polo menos, 5 anos.
|
Para
cada unha das solicitudes figuran modelos publicados na convocatoria, e tamén figuran na mesma,
anexos a ditos modelos para os efectos de facilitar a entrega de documentación e evitar, no
posible, o retraso na tramitación.
O
IGVS, poderá solicitar calquera aclaración á documentación presentada ou solicitar algún documento
que falte.
|
SUBVENCIÓNS
|
|
Beneficiarios
|
Poderán resultar beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das
actuacións de rehabilitación, no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, que cumpran os requisitos
establecidos no artigo 10 da lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os que se establecen na
convocatoria e nas súas bases e que obteñan a cualificación definitiva das obras.
Cando a cualificación definitiva das obras sexa outorgada a unha comunidade de
propietarios, poderán resultar beneficiarias as persoas físicas, membros da comunidade, que
participaron nas obras, en función da porcentaxe de participación que figure na cualificación
provisional.
Non
poderán resultar beneficiarios cando obtivesen financiamento ou axudas, para as mesmas actuacións,
nos 10 anos anteriores.
|
|
Gasto subvencionable.
|
Considérase gasto subvencionable o orzamento das actuacións que figure na cualificación
definitiva, sempre que quede xustificado o seu pagamento efectivo.
Para
o caso de que a cantidade efectivamente xustificada e pagada sexa inferior ao orzamento da
cualificación definitiva, considerarase gasto subvencionable o efectivamente xustificado e
pagado.
|
|
Xustificación do gasto subvencionable.
|
Corresponde ao promotor das actuacións.
A
obtención da cualificación definitiva substitúe á documentación que regula o artigo 48º.1 do
Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, que aproba o regulamento da lei 9/2007 de subvencións de Galicia,
para a conta xustificativa.
Deberase achegar, debidamente cuberta, a relación de facturas e os seus respectivos
documentos bancarios de pagamento así como as súas facturas e xustificantes. Todo isto de acordo co
previsto no artigo 42 do Decreto 11/2009.
Non
son admisibles xustificacións de pagamento en efectivo.
|
|
Contías
|
Con
cargo a fondos finalistas do Ministerio de Fomento:
40%
do gasto subvencionable. Máximo 5.000 euros por vivenda resultante da rehabilitación.
Con
cargo a fondos propios do IGVS. (Adicionais)
40%
do gasto subvencionable. Máximo 5.000 euros por vivenda resultante da rehabilitación.
|
|
Incompatibilidade
|
As
subvencións previstas nesta convocatoria son
INCOMPATIBLES coas axudas establecidas no programa
RENOVE do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009 – 2012.
|
|
Axudas compatibles
|
Son
compatibles coas axudas que establece o Decreto 44/2011,do 10 de marzo, polo que se regulan as
axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de
edificios e vivendas nos ámbitos rural, histórico e dos camiños de Santiago
|
|
Límites da subvención.
|
En
ningún caso o importe das subvencións concorrentes de calquera Administración ou organismo público
poderá superar o 75% do orzamento protexido das actuacións.
|
Nota: Procedemento das axudas do Decreto 44/2011:
Actualmente o IGVS ten aberto un procedemento de cualificación para este ámbito, regulado
a través do Decreto 44/2011 e que financia con fondos propios.
Para
poder chegar a obter as axudas que establece o Decreto 44/2011, requírese que os promotores das
actuacións procedan do seguinte xeito:
Primeiro:
solicitando e obtendo a cualificación das actuacións como protexida.
Solicitude de cualificación provisional.
Comunicación final obras e solicitude de cualificación definitiva
Segundo:
solicitando a concesión de subvención, para isto deben presentar unha nova solicitude no momento
que se publique unha convocatoria específica para os promotores que obtivesen a cualificación
definitiva das actuacións, quedando a sempre supeditada a posible obtención de axudas ás
dispoñibilidades orzamentarias previstas en cada convocatoria.