AXUDAS A PARTICULARES E COMUNIDADES DE PROPIETARIOS
Poderán solicitalos ante Abanca, Caixabank, Caixa Rural e Banco Sabadell tanto particulares como
comunidades de propietarios. A contía máxima será de 30.000 € para préstamos persoais e de 60.000 €
para préstamos hipotecarios. O apoio económico da Xunta poderá cubrir ata o 100% dos xuros do
préstamos durante un período de 48 meses, variando o alcance da axuda en función dos ingresos dos
solicitantes. O préstamo poderá destinarse tanto ás vivendas particulares como aos elementos comúns
das comunidades.
Son axudas destinadas a fomentar as obras e traballos de mantemento nas instalacións e nos
espazos comúns dos edificios de vivendas. A contía máxima da subvención é do 35% do orzamento, cun
máximo de 11.000 € .
Subvencións para mellorar a accesibilidade aos edificios de vivendas, dúplex e vivendas
unifamiliares mediante a instalación de novos ascensores e aparellos salvaescaleiras. A contía
máxima da axuda é do 60% do investimento e o importe máximo será de 4.500 euros en vivendas
unifamiliares e de 35.000 en edificios residenciais colectivos, dependendo do número de vivendas e
do seu emprazamento.
Axudas a propietarios para rehabilitación de vivendas e a concellos para urbanización de espazos
urbanos e oficinas de rehabilitación, todos eles situados dentro dunha Área de Rehabilitación
Integral. A contía máxima desta axuda será de 15.000€ por vivenda, cun máximo do 45% do
orzamento.
Poderán solicitalas tanto particulares como comunidades de
propietarios.
Axudas destinadas a financiar a rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da
Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago. A contía máxima desta axuda pode alcanzar 15.000 €
cun máximo do 45% do orzamento. Poderana solicitar tanto particulares como comunidades de
propietarios para financiar actuacións en elementos comúns.
Dirixidas aos promotores de obras de rehabilitación en vivendas emprazadas en núcleos rurais,
históricos ou nos Camiños de Santiago.
Subvencionan ao remate de fachadas e cubertas, así como de
rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas. Estas axudas, que poderán solicitar tanto
particulares como comunidades de propietarios teñen unha contía máxima do 50% do orzamento e poden
chegar ata 6.600 € para remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e a 8.600 € para obras de
reconstrución.
Programa Rehaluga
Axudas dirixidas aos propietarios que realicen melloras en inmobles
para incorporalas ao Programa social de Vivendas Baleiras. A contía máxima desta axuda alcanza os
5.500 € no caso de vivendas unifamiliares e de 4.000 € para as situadas en edificios.
Axudas a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para rehabilitación e
mellora dos elementos comúns dos edificios cun alcance máximo do 60% do investimento da obra.
Os propietarios de infravivendas en concellos de menos de menos de 10.000 habitantes poden
beneficiarse de axudas de ata 15.000 €.
Debe solicitalas o concello (ver "axudas a concellos")
AXUDAS A CONCELLOS
Os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán acceder a préstamos sen xuros destinados a
adquisición e/ou rehabilitación, incluindo obras sobre edificios en mal estado nos que os seus
propietarios non atenden as correspondentes ordes municipais. O fondo está dotado con 10 millóns de
euros.
Axudas a concellos de menos de 20.000 habitantes dirixidas á recuperación de vivendas de
mestres, outros oficios e outros inmobles de titularidade municipal para o seu destino a alugueiro
social. A contía máxima da axuda será do 90% do orzamento das obras, cun máximo de 40.000€ por
vivenda rehabilitada e 48.000€ se está situada no ámbito do Camiño de Santiago.
Axudas, a concellos de menos de 10.000 habitantes, dirixidas á rehabilitación de vivendas sen
condicións mínimas de habitabilidade propiedade de particulares ou do propio municipio. A contía
máxima desta axuda é o 95% do investimento, cun límite máximo de 15.000 €.
Por cada vivenda rehabilitada na área de rehabilitación o concello pode recibir 4.000 € (2.000
para obras de urbanización e reurbanización no ámbito da mesma e 2.000 para a oficina de
rehabilitación)