O proxecto de rehabilitación dos grupos de casetas de pescadores e do seu contorno inmediato
estase a executar en Caldebarcos, concello de Carnota. Consiste na rehabilitación de casetas
de pescadores que forman un espazo común de relación característico e que actualmente está
amenazado polo vandalismo, o deterioro dos elementos construtivos ou o emprego de materiais non
tradicionais.
As principais actuacións están relacionadas con:
- Conservar o uso dos alpendres dos aparellos de pesca
- Acondicionamento de cubertas
- Mellora do pavimento e saída de augas residuais
- Limpeza de muros e substitución de carpintarias
- Colocación de faroles e balizamento solar
- Restauración dos solos de acceso ás casetas
- Localización estratéxica de mobiliario urbano
- Paneis de información da actuación