Definición
Son as vivendas protexidas sufragadas con cargo
aos orzamentos dunha administración pública ou dunha entidade de dereito público vinculada ou
dependente daquela, definidas no arigo 38 da
Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.
Vivendas de promoción pública do IGVS
Definición
Son as vivendas que promove ou adquire o
Instituto Galego da Vivenda e Solo (de agora en adiante IGVS), conforme a normativa que establece o
Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións
promovidas polo IGVS (corrección de erros D.O.G. núm. 119, do 20 de xuño de 2008), que regula o seu
réxime xurídico, estando reguiado o procedemento de adxudicación no
Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de
Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das
acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas
(D.O.G. núm. 13, do 21 de xaneiro de 2010 e corrección de erros D.O.G. núm. 14 do 22 de
xaneiro de 2010).
As VPP se clasifican en:
-
Vivendas de protección oficial de promoción pública.
-
Vivendas cualificadas en núcleos rurais e en barrios históricos.
O réxime de adjudicación destas vivendas poderá
ser:
-
En propiedade.
-
En arrendamento:
-
Con opción de compra.
-
Sen opción de compra.
O réxime xurídico destas vivendas terá unha
duración de
30 anos dende a data da cualificación definitiva.
O réxime prorrogarase automáticamente ata a
cancelación do préstamo ou ata o pagamento total do prezo ó promotor, nos seguintes supostos:
- Cando non se amortizase de todo o préstamo
concedido para a súa adquisición.
- Cando non se fixeran efectivas todas as
cantidades aprazadas.
*
As vivendas cualificadas ó abeiro de normativas anteriores, terán o prazo de protección que se
estableza na súa propia normativa.
As VPP non poderán ser obxecto de
descualificación voluntaria.
*
A disposición derradeira primeira de Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia
establece a descualificación das vivendas cualificadas con anterioridade ao 31 de decembro de 1977,
debendo procederse de oficio á cancelación registral das anotacións relativas ao réxime de
protección, facéndose constar en nota na marxe a perda da condición de vivenda protexida.( En
Resolución do 5 de xuño de 2009, publicada no DOG nº117 do 17 de xuño deuselle publicidade á
relación de vivendas de promoción pública que foron descualificadas en virtude do disposto pola
Lei)
Condicións
¿A quen se poden adxudicar?
Poderán acceder ás vivendas as
persoas físicas, nacionais ou estranxeiras, maiores de idade e con capacidade de obrar que, como
titulares dunha unidade familiar, reúnan os seguintes
requisitos:
- Estar inscritas no Rexistro de
Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia.
- Acreditar os ingresos ponderados
anuais totais que se sinalan na normativa.
- Carecer calquera membro da
unidade familiar ou de convivencia doutra vivenda en propiedade, salvo que resulte inadecuada ou
insuficiente para as necesidades da unidade familiar ou de convivencia nos termos establecidos na
Lei 18/2008 de vivenda de Galicia.
Vivendas para emigrantes
Poderán solicitar unha vivenda
as persoas galegas que residan fóra de Galicia e que desexen retornar ou as que xa retornasen que
reúnan os seguintes
requisitos:
- Acreditar residir ou haber
residido fóra de Galicia por un tempo non inferior a 5 anos.
- Acreditar que os seus ingresos
familiares ponderados en cómputo anual se atopan entre os límites sinalados para cada tipo de
vivenda. Os ditos límites poderanse referir, a súa elección, ó indicador público de rendas de
efectos múltiples vixente en España ou no seu país de residencia.
- Estar inscritas no Rexistro
Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento de
adxudicación das VPP
Procedemento
ordinario de adxudicación
O procedemento ordinario de
adxudicación será o sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda
da Comunidade Autónoma de Galicia.
As persoas que resulten
adxudicatarias terán que reunir os requisitos específicos que se establezan en cada
convocatoria.
Procedemento
especial de adxudicación directa
O dito procedemento regúlase no
artigo 53 da Lei 18/2008 de vivenda de Galicia e nos artigos 47 a 49 do Decreto 253/2007.
A Presidencia do IGVS, a
proposta da Dirección Xeral do IGVS ou da Comisión Provincial de Vivenda respectiva, por iniciativa
destas, poderá acordar que as vivendas xa construídas, en construcción ou que se vaian a iniciar,
sexan afectadas para satisfacer as necesidades específicas de persoas individuais ou de colectivos
determinados, para os supostos previstos no art. 48 do Decreto 253/2007.
A adxudicación efecturarase en
réxime de arrendamento, salvo nos casos de transmisión das vivendas cualificadas en núcleo rural e
en barrio histórico, na que a adxudicación poderá ser en compraventa a favor das persoas que as
soliciten e que houberan transmitido as vivendas ó IGVS para a súa rehabilitación.
Réxime
das vivendas de protección oficial de promoción pública adxudicadas en propiedade
As vivendas venderanse aprazando
a totalidade do prezo, que producirá un xuro anual do 5% e haberá de devolverse en 25 anos en cotas
mensuais integradas por capital e xuros.
O IGVS garantirá o mantemento
destas condicións ás persoas que resulten adxudicatarias, subrogadas en préstamos coas entidades
financieras con convenio asinado con este organismo, de tal xeito que o tipo de xuro a pagar non
supere o 5% anual. A tal fin o IGVS subsidiará os préstamos aboándolle á entidade financiera a
diferenza do que poida exceder do dito tipo máximo.
Cando no momento da adxudicación
definitiva o tipo de xuro anteriormente establecido fora superior ó fixado polo
Consejo de Ministros para os convenios que subscriba o
Ministerio de Vivienda coas entidades prestamistas
para o financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo, entenderase que este
último será o tipo de xuro aplicable.
Prezo de
venda en primeira transmisión
- Para as persoas que resulten
adxudicatarias con ingresos familiares ponderados comprendidos entre 2 veces o indicador público de
rendas de efectos múltiples (de agora en adiante IPREM) e 2,5 veces o IPREM: o prezo de venda será
o do 70% do valor da vivenda. Se existisen rochos e garaxes vinculados, o prezo destes será
respectivamente o 2% e o 8% do valor da vivenda.
- Para as persoas que resulten
adxudicatarias con ingresos familiares ponderados comprendidos entre 1,5 veces e 2 veces o IPREM: o
prezo de venda será do 60% do valor da vivenda. Se existisen rochos e garaxes vinculados, o prezo
destes será respectivamente o 2% e o 8% do valor da vivenda.
- Para as persoas que resulten
adxudicatarias con ingresos familiares ponderados ata 1,5 veces o IPREM: o prezo de venda será do
50% do valor da vivenda. Se existisen rochos e garaxes vinculados, o prezo destes será
respectivamente o 2% e o 8% do valor da vivenda.
Réxime
das vivendas de protección oficial de promoción pública adxudicadas en aluguer
A
renda anual será a que resulte de aplicar o
3% ó que sería o prezo de venda da vivenda e dos anexos, de habelos.
Será obligatoria a adxudicación
en réxime de arrendamento cando os ingresos ponderados da totalidade dos membros da unidade
familiar non superen o 1,5 veces o IPREM.
As promocións de vivendas en
aluguer destinaranse preferentemente ós seguintes colectivos:
- Unidades familiares con ingresos
inferiores ó 0,7 do IPREM.
- Unidades familiares
monoparentais.
- Maiores de 60 anos.
- Menores de 35 anos con
descendentes de primeiro grao o seu cargo.
- Menores de 35 anos.
- Vítimas de violencia de
xénero.
- Colectivos amparados por acordos
de colaboración ou convenios asinados polo IGVS ou pola Consellería competente en materia de
vivenda.
- No caso de non se cubrir todas
as vivendas, as vacantes sortearanse entre o resto de solicitantes con ingresos inferiores ó 1,5 do
IPREM.
Réxime de
adxudicación das vivendas cualificadas en núcleo rural e en barrios históricos
Estas vivendas poderán ser
adxudicadas en:
-
Réxime de propiedade.
-
Réxime de aluguer.
-
Réxime de aluguer con opción de
compra en vivendas cualificadas en núcleos rurais, cando así o acorde o IGVS.
Excepcionalmente, por convenio
ou acordo de colaboración, poderase autorizar a
ocupación temporal a favor dunha entidade ou
dunha administración pública, para ser destinada como vivenda transitoria de determinados
colectivos ou persoas con necesidades especiais.
Segundas
ou posteriores transmisións das VPP
Só se poderán transmitir entre
vivos, en segunda ou posteriores transmisións, cando así o autorice o IGVS e sempre que as persoas
propietarias cumpran os seguintes
requisitos:
- Transcurso dun mínimo de 5 anos
dende a data do contrato de compravenda.
- Facer efectiva a totalidade das
cantidades aprazadas.
- A favor da persoa que designe o
IGVS tras realizar un sorteo no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de
Galicia (estando excepcionadas do sorteo pola Lei de Vivenda de Galicia as transmisións entre
parientes ata o segundo grao en línea recta sempre que o adquirente cumpra os requisitos para ser
adxudicatario de vivenda de promoción pública, debendo estar inscrito no Rexistro Único de
Demandantes de Vivenda).
O prezo de venda determinarase
de conformidade co que se establece no Decreto 253/2007.
Os gastos que se deriven da
formalización do contrato os sufragará a persoa que resulte adxudicataria.
Cambios
de réxime
Tipos de
cambio de réxime
-
De aluguer a compravenda.
-
De compravenda a aluguer.
Procedemento de
cambio de réxime
Os procedementos de cambio de
réxime resolveranse, no prazo máximo de 6 meses, polas persoas que ostenten a titularidade das
xefaturas territoriais do IGVS.
A falta de resolución expresa no
dito prazo terá efectos desestimatorios.
Causas de
denegación do cambio de réxime
Será unha causa de denegación,
ademais do incumprimento dos restantes requisitos establecidos para a súa solicitude no Decreto
253/2007, o incumprimento reiterado e acreditado das normas da comunidade, especialmente
desenvolver activades que resulten daniñas para o predio, molestas, insalubres, noxentas, perigosas
ou ilícitas.
Pagamento
O pagamento se efectuará no
prazo dun mes dende a notificación da resolución.
Transcorrido o dito prazo sen
que se fixese efectivo o pagamento ou se garantise a súa realización no momento da sinatura da
escritura pública quedará sen efecto a resolución.
Acreditado o pagamento das
cantidades, o IGVS outorgará escritura pública de compravenda ou contrato de arrendamento a favor
da persoa que resultara adxudicataria.
Os gastos que se originen como
consecuencia da dita formalización, serán sufragados pola persoa que resultara
adxudicataria.
Cambio de
réxime de aluguer a compravenda
¿Quen
pode solicita o cambio de réxime?
As persoas adxudicatarias de
vivendas en aluguer que así o soliciten e cumpran os seguintes
requisitos:
- Atoparse ó corrente no pago das
rendas así como do resto das obrigas dimanantes do contrato.
- Acreditar ter ingresos
superiores a 1,5 veces o IPREM ou a concesión dun préstamo para facer fronte á débeda e á
compra.
- Atoparse ó corrente nos
pagamentos coa comunidade e dos tributos que graven a vivenda.
- O transcurso dun mínimo de 10
anos dende a data do contrato de aluguer.
O procedemento iniciarase coa
presentación da solicitude acompañada da documentación esixida no art. 54 do Decreto
253/2007.
Prezo de venda
: será o que resulte de valorar
a vivenda segundo o módulo actual, coas deducións que establece o art. 20 do Decreto 253/2007, en
función dos ingresos familiares. O seu pagamente se efectuará ó contado.
Renuncia
: no caso de renunciar a unha
solicitude, non se poderá autorizar unha nova petición ata pasados 5 anos.
Cambio de
réxime de compravenda a aluguer
¿Quen
pode solicita o cambio de réxime?
As persoas que ostenten a
titularidade lexítima das vivendas en réxime de compravenda que así o soliciten e cumpran os
seguintes
requisitos:
- Acreditar unha situación
económica ou social precaria que lles impida facer fronte ás cantidades pendentes de
pagamento.
- Renunciar formalmente á
propiedade da vivenda.
O procedemento iniciarase coa
presentación da solicitude acompañada da documentación que se establece no art. 56 do Decreto
253/2007.
Determinación da renda
: a renda inicial anual será o
3% do prezo de venda da vivenda e anexos que fora establecido para o contrato que se rescinde, sen
ningunha dedución adicional.
Condicións para un novo cambio
de réxime
: unha vez realizado o cambio
unicamente se poderá autorizar un novo cambio a compra baixo as condicións establecidas no punto 2
do art. 55 do Decreto 253/2007:
a) Será necesario proceder
ao pagamento previo do saldo pendente relativo á liquidación dos efectos económicos do contrato de
compravenda resolto.
b) Deberanse acreditar uns
ingresos superiores a 1,5 veces o IPREM; ou ben, a concesión dun préstamo para o pagamento
c) Deberán de transcorrer,
polo menos, dez anos desde a data do contrato de aluguer.
d) Deberanse atopar ao día
no pagamento coa comunidade de propietarios do edificio.
e) Deberanse atopar ao día
no pagamento do imposto de bens inmobles e calquera outro tributo que grave a vivenda.
f) O pagamento realizarase
ao contado.
Amortización
anticipada
¿Quen
pode solicita a amortización anticipada?
As persoas que ostenten a
titularidade lexítima das vivendas adxudicadas en réxime de compravenda ou de acceso diferido á
propiedade, que teñan cantidades pendentes de pagamento ó IGVS, aínda que non transcorrera a
totalidade do prazo previsto no contrato para o seu pagamento.
Amortización parcial
: poderá solicitarse sempre que
sexa por importe non inferior a 6.000 euros.
Neste caso poderá optarse
entre:
- Manter os recibos mensuais cun
importe similar ó que se viña pagando, diminuíndo o prazo de amortización.
- Reducir o importe do recibo
mantendo o prazo de amortización.
O pago
: o pago poderá ser ó contado ou
mediante un préstamo concedido por unha entidade financeira.
En canto a formalización da
escritura de compravenda e/ou a cancelación da hipoteca e os gastos que se xeren por esta causa
serán por conta da persoa que solicite a amortización.
No caso de non atoparse ó día no
pagamento dos recibos emitidos polo IGVS será necesario aportar a certificación bancaria que
acredite a concesión dun préstamo para facer fronte á débeda.
De ter domiciliado o pagamento
dos recibos mensuais, antes de presentar a solicitude de amortización deberá anularse dita
domiciliación comunicando por teléfono dita circunstancia ó IGVS. Os números destinados para tal
fin son:
¿Onde se
pode obter máis información?
Pódese obter máis información
nas Áreas Provinciais do IGVS, nos servizos centrais deste organismo en Santiago de Compostela, no
número de atención telefónica
902 100 054 e na páxina web
http://igvs.xunta.es
Directorio
A Coruña
Instituto Galego de
Vivenda e Solo
Delegación Provincial da
Coruña
Praza Luís Seoane
s/n
15008 A
Coruña
Teléfono: 981 182
347
Lugo
Instituto Galego de
Vivenda e Solo
Delegación Provincial de
Lugo
Avda. Ramón Ferreiro,
28
27002 Lugo
Teléfono: 982 294
602
Ourense
Instituto Galego de
Vivenda e Solo
Delegación Provincial de
Ourense
R/ Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono: 988 386
268
Pontevedra
Instituto Galego de
Vivenda e Solo
Delegación Provincial de
Pontevedra
R/ Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra
Teléfono: 986 805 610 / 986
805 632
Servizos centrais
Instituto Galego de
Vivenda e Solo
Área Central s/n, Polígono
de Fontiñas
15781 Santiago de
Compostela
Teléfonos: 981 541 980 /
981 541 981