Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Plans e programas » Plan de Vivenda 2009-2012 » Axudas Renove á rehabilitación de vivendas

Axudas Renove á rehabilitación de vivendas existentes

Plan Vivenda 2009-2012

ACTUACIÓNS PROTEXIDAS.

1. Actuacións para mellorar a eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente nas vivendas, e a utilización de enerxías renovables: 

  • Instalación de paneis solares, a fin de contribuír á produción de auga quente Sanitaria demandada polas vivendas, en polo menos, o 50 % da contribución mínima esixible para edificios novos segundo o disposto no Código Técnico da Edificación.
  • Mellora da envolvente térmica para reducir a súa demanda enerxética, mediante actuacións como o incremento do illamento térmico, a substitución de carpinterías e acristalamentos dos ocos, ou outras, sempre que se demostre a súa eficacia enerxética, considerando factores como a severidade climática e as orientacións.
  • Calquera mellora nos sistemas de instalacións térmicas que incrementen a súa eficiencia enerxética ou a utilización de enerxías renovables.
  • Mellora das instalacións de subministro e instalación de mecanismos que favorezan o aforro de auga así como a realización de redes de saneamento separativas no edificio que favorezan a reutilización das augas grises no propio edificio e reduzan o volume de vertido ao sistema público de sumidoiros.
  • Cantas outras sirvan para cumprir os parámetros establecidos nos Documentos Básicos do Código Técnico da Edificación DB-HE de aforro de enerxía, DB-HS Salubridade, e DB-HS, protección contra o ruído.

 

2. Actuacións para a mellora da accesibilidade das vivendas
Consideraranse actuacións para a mellora da accesibilidade as tendentes a adecuar as vivendas á Lei de Propiedade Horizontal.  En particular:

  • A instalación de ascensores ou adaptación dos mesmos ás necesidades de persoas con discapacidade ou ás novas normativas que houberan entrado en vigor  tras a súa instalación.
  • Obras de adaptación das vivendas ás necesidades de persoas con  discapacidade ou de persoas maiores de 65 anos.

 

PRESUPOSTO PROTEXIDO:
O presuposto protexido será o custo total da rehabilitación das vivendas, coas seguintes limitacións:

  • Máximo 90 metros cadrados útiles por vivenda
  • A contía máxima do presuposto protexido por metro cadrado útil  non pode superar o 70% do módulo básico estatal vixente no momento da calificación provisional da actuación.

 

IMPRESCINDIBLE:
Polo menos o 25% do presuposto das actuacións protexidas ten que estar dedicado a:

  • Utilización de enerxías renovables,
  • Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente
  • Accesibilidade do edificio

 

BENEFICIARIOS
Poden ser BENEFICIARIOS

  • O promotor da actuación
  • O propietario da vivenda
  • O inquilino autorizado.

Sempre que:

  • Non incorran nas prohibicións para ser beneficiario do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de  Galicia.
  • Non obtiveran axudas financeiras nin préstamos convidos, para o mesmo tipo de actuación, ao abeiro de plans estatais ou autonómicos nos 10 anos anteriores á solicitude actual.
  • Destinar á vivenda a domicilio habitual e permanente durante 5 anos
  • Ingresos familiares que non superen 6,5 veces o Iprem. Nunha ficha aparte poderá ver a táboa de ingresos.

 

FINANCIACIÓN DA REHABILITACIÓN

Contía máxima da subvención por vivenda

Límite máximo de carácter xeral

Propietarios ou ocupantes das vivendas maiores de 65 anos. Persoas con discapacidade.
Sempre que as obras se destinen á eliminación  de barreiras ou á adecuación da vivenda ás súas necesidades específicas

Vivendas rehabilitadas con destino a aluguer durante un prazo mínimo de 5 anos, nas mesmas condicións que as vivendas protexidas destinadas a arrendamento

25% do presuposto protexido

2.500 €

3.400€

Máximo 6.500€

 

INCOMPATIBILIDADES:
Non poderán obter a financiación deste programa as actuacións en vivendas emprazadas en:
- ARIS (Areas de Rehabilitación Integral)
- ARUS (Areas de Renovación Urbana).

Non esqueza:
A suma das axudas financeiras estatais e as da Comunidade Autónoma, así como doutras Administracións ou organismos públicos, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 75% do custo do orzamento protexible.

¿QUE TEN QUE FACER?

  • Presentar a solicitude de cualificación da actuación como protexida.
  • Cando saia a orde de convocatoria, solicitar as axudas no modelo normalizado da orde, xunto coa documentación técnica e persoal que se indica no anexo da solicitude.
  • Realizar as obras nos termos da resolución de concesión, previa obtención das licencias e permisos preceptivos segundo a normativa sectorial.
  • Rematadas as obras, deberá aportarse a documentación xustificativa da súa realización.

AXUDÁMOSCHE A REHABILITAR

A Consellería quere axudar á posta en marcha de actuacións de rehabilitación que permitan a conservación do patrimonio construído. Por isto non só ofrece axudas directas a promotores de rehabilitación senón que pon en marcha ferramentas coma o catálogo de prezos ou o directorio de axentes colaboradores.

CATÁLOGO DE PREZOS EN REHABILITACIÓN

Coñece os prezos de referencia dos materiais e servizos asociados a unha rehabilitación: traballos e materiais de cantaría, rede de saneamento, instalación eléctrica, traballos e materiais de albanelaría, azulexos e chapadas, carpintaría exterior e interior..., que che poden permitir achegarte ao presuposto dunha rehabilitación.